Mergo pequeno

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mergo pequeno
Remove ads

O mergo pequeno,[1][2] Mergellus albellus, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Mergellus.

Datos rápidos Características, Conservación ...

Este xénero está estreitamente relacionado con Mergus e estivo e ás veces está incluído nel, aínda que podería estar máis emparentado cos patos do xénero Bucephala.[3] O mergo pequeno hibrida con Bucephala clangula.[4]

Un pato mariño fósil do Mioceno medio demostra que existían patos similares ao mergo pequeno hai uns 13 millóns de anos. A especie existente data do Plistoceno tardío.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

Xénero

O xénero foi descrito en 1840 polo ornitólogo, botánico e ilustrador inglés Prideaux John Selby.[5][6]

Especie

A especie fora descrita en 1758 por Linneo na páxina 129 do volume I da 12ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas albellus.[5]

Etimoloxías

O nome científico Mergellus é un diminutivo de Mergus, derivado do latín mergere, "mergullarse".[7]

O epíteto específico, albellus, é o nominativo masculino singular do adexctivo latino albellus, -a, -um, diminitivo de albus, "branco".[8] (correspondente co galego albelo.[9]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Mergullus albellus (Linnaeus, 1758)
  • Mergus albellus Aerc Tac, 2003
  • Mergus albellus Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Mergus albellus subsp. albellus Cramp & Simmons, 1977-1994
Remove ads

Características

Thumb
Femia de Mergellus albellus en primeiro plano.

É unha especie inconfundible co macho con aparencia de "panda" pola súa mancha negra na zona do ollo e aspecto de "xeo roto" polas finas liñas negras sobre fondo branco que parecen gretas no xeo, que mostra as cores branca e negra cando voa.[4]

As femias e ps machos inmaturos son cincentos con frontes e píleos castaños, e poden confundirse a distancia con Oxyura jamaicensis.[4]

Ten áreas ovais brancas na ás que se ven en voo. O bico do mergo pequeno ten un extremo ganchudo e beiras con dentes de serras, que lle axudan a capturar os peixes cando se mergulla para cazar. Mide de 38 a 44 cm de longo.[4]

Remove ads

Distribución e ecoloxía

Thumb
Engalando

Reprodúcese na taiga do norte de Europa e Asia. Necesita árbores para reproducirse, establecendo neles o niño. Vive en lagos con moitos peixes e en ríos de augas lentas.

Como é migrante, abandona as áreas reprodutoras e inverna en costas abrigadas ou lagos do interior, nas costas do mar Báltico, mar Negro, norte de Alemaña e os Países Baixos, e un pequeno número deles chegan a Gran Bretaña. As aves errantes poden chegar a Norteamérica ou a outros países europeos (en Galicia é unha ave accidental).[2].

Nos lagos prefire áreas polas ribeiras, a miúdo baixo árbores pequenas. Reprodúcese en maio e pon de 6 a 9 ovos cor crema. Nidifica en ocos de árbores, como os de vellos niños de petos. É unha ave tímida e foxe facilmente cando a molestan.

Protección

É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA). Non se considera especie ameazada na Lista Vermella da IUCN, aínda que a súa poboación está decrecendo.[10]

Fósiles

Un fósil non nomeado de pato mariño, coñecido por un úmero atopado na formación Sajóvölgyi do Mioceno medio (Badeniano tardío, hai de 13 a 12 millóns de anos) de Mátraszõlõs, Hungría, foi asignado a Mergus. Porén, os autores incluían nese xénero ao mergo pequeno, e en consecuencia, o óso podería ser asignado máis propiamente a Mergellus, especialmente porque é máis similar a un úmero de mergo pequeno que aos restos de Bucephala que tamén se encontraron no sitio. Ás veces arguméntase[11] que o fósil de Mátraszõlõs é demasiado vello para representar ningún xénero moderno de pato mariño, pero aparentemente estes estaban xa ben diferenciados daquela.[12]

Tamén se atoparon subfósiles desta especie en Inglaterra.[11]

Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads