Bucephala
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bucephala é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos.
As súas especies don patos mergulladores que viven no hemisferio Norte, que reciben en galego o nome vulgar de ollodourados.[1]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1858 polo herpetólogo, ornitólogo e ictiólogo estadounidense Spencer Fullerton Baird.[2][3]
Etimoloxía
O nome do xénero deriva da palabra do grego antigo βοῦκεφαλος boṹkephalos, "cabeza de touro", de βοῦς boṹs, "touro", e κεφαλή kephalē, "cabeza", en referencia á forma da súa cabeza e o inchamento das plumas do ollodourado de touca (B. albeola) que fai que a súa cabeza pareza máis grande.[4]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Bucephalus Prjewalski, 1878
- Glaucionetta Stejneger, 1885
Especies
As tres especies vivas son:
Estas tres especies foron rexistrdas en Galicia, B. clangula como invernante regular e as outras dúas como aves errrantes accidentais moi raras. (Ver Lista das aves de Galicia).
Nota taxonómica
A taxonomía das especies deste xénero foi discutida e sometida a cambios. O ollodourado de touca (B. albeola) fora anterirmente tratado como o único membro do seu xénero (ás veces innecesariamente cambiado a Charitonetta), mentres que os outros ollodourados foran incorrectamente situados no xénero Clangula (como Clangula americana), que hoxe é o xénero de Clangula hyemalis, que daquela estaba situado no xénero Harelda.[5] Podería ser correcto aínda recoñecer dous xéneros, xa que B. albeola e os outros dous ollodourados son bastante diverxentes. Nese caso, Bucephala quedaría restrinxido só a B. albeola e o nome Glaucionetta (Stejneger, 1885) foi recuperado para os outros ollodourados.
Os taxons fósiles coñecidos son:
- Bucephala cereti (Sajóvölgyi, Mioceno medio de Mátraszõlõs, Hungría - Plioceno tardío de Chilhac, Francia)
- Bucephala ossivalis (Mioceno tardío/Plioceno tenperán de Bone Valley, Estados Unidos), que é moi similar ao ollodourado (B. clangula) e pode mesmo ser unha paleosubespecie ou un devanceiro directo seu
- Bucephala fossilis (Plioceno tardío de California, Estados Unidos)
- Bucephala angustipes (Plistoceno temperán de Europa central)
- Bucephala sp. (Plistoceno temperán de Dursunlu, Turquía: Louchart et al. 1998)[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads