Mesenia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Meseniamap
Remove ads

A Mesenia (en grego antigo Μεσσηνία, na transcrición do grego moderno Messinia, e do antigo Messēnía) é unha rexión e unha provincia do suroeste do Peloponeso, no sur de Grecia. A capital actual da rexión é Kalamata. A rexión ocupa unha área de 2991 km², e no 2005 tiña 180 264 habitantes.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Thumb
Situación de Mesenia en Grecia
Remove ads

Illas

Ademais do territorio continental, o país comprende varias illas importantes:

  • Teganussa (Theganussa, Θηγανοῦσσα), hoxe denominada Venetikó, en fronte do cabo Acritas.
  • Esfacteria (Sphacteria) en fronte de Pilos.
  • Prote (Πρωτή).
  • O grupo das illas Oenusas (Οἰνοῦσσαι).

Provincias actuais

A rexión de Mesenia está formada por catro províncias, coas correspondentes capitais:

  • Provincia de Kalamata - Kalamata
  • Provincia de Messéne - Messenia
  • Provincia de Pylia - Pylos
  • Provincia de Trifyllia - Kyparissia

Mitoloxía

Na mitoloxía grega, a Mesenia era o reino de Afares, que sería legado a Neleo, cando este último foi expulsado da Tesalia. Logo foi gobernado polo fillo de Neleo, Néstor.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads