Xudaísmo mesiánico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Xudaísmo mesiánico, ou tamén chamado mesianismo,[1] é un movemento sincrético que engade moitas prácticas xudías nunha denominación cristiá, de modo que os xudeus, caso se convertan ou teñan interese en adoptar a fe cristiá, non necesiten abandonar por completo os seus costumes.[2] A súa orixe está vinculada a grupos de xudeus convertidos ó cristianismo. O nome fai referencia á profecía xudaíca da chegada do Mesías á terra, como xa está profetizado no Antigo Testamento. Os cristiáns visualizan que Xesucristo é o Mesías[3], mentres que os xudeus non cren iso.

No xudaísmo mesiánico, comunmente cunhas outras formas do cristianismo, cumpren normalmente co calendario xudaico, o día de reposo e as leis Kóxer. Por causa do seu sincretismo, no que se acepta o Xesús como mesías, o movemento non é visto con bos ollos por ningunha das correntes do xudaísmo, das ramas reformistas ás ortodoxas, haxa vista que as prácticas e crenzas mesiánicas ofenden principios xudaicos basilares, coma a incorporeidade divina e a relación directa coa deidade.[4][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads