Metal Box
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Metal Box é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk Public Image Ltd, publicado o 23 de novembro de 1979 a través do selo Virgin Records. Foi reeditado enfebreiro de 1980 por Virgin no Reino Unido e por Warner Bros. Records e Island Records nos Estados Unidos.
O álbum afastouse do son do primeiro disco da banda, Public Image: First Issue , coa banda movéndose cara a unha sonoridade máis vangardista caracterizada polas voces crípticas de John Lydon, ritmos propulsivos inspirados no dub e liderados polo baixista Jah Wobble, e un abrasivo son "metálico" de guitarra desenvolvido polo guitarrista Keith Levene.
Metal Box é amplamente considerado un fito do post-punk.[1] No ano 2003 o disco foi clasificado número 469 da lista da revista Rolling Stone dos mellores 500 álbums de todos os tempos, subindo na súa revisión de 2012 ao posto 461.[2]
Remove ads
Listaxe de cancións
Edición orixinal
A edición orixinal de Metal Box estaba formada por seis caras en vinilos de 12" reproducidos a 45rpm.
Segunda edición
A segunda edición son catro discos a 33rpm e conta cunha orde de cancións lixeiramente distinta ("Socialist/Chant/Radio 4" está separada nos seus compoñentes, con "Socialist" e "No Birds" intercambiando os seus lugares).[3]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads