Michael Krohn-Dehli
futbolista danés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Michael Krohn-Dehli, nado en Copenhaguen o 6 de xullo de 1983, é un exfutbolista danés. Xogaba na demarcación de centrocampista e foi internacional coa selección dinamarquesa.
Remove ads
Traxectoria

Comezou a xogar en Dinamarca no Rosenhoj BK, Hvidovre IF e Brondby IF. Con 19 anos ficha polas categorías inferiores do Ajax Amsterdam dirixidas por Danny Blind, porén tras non convencer ao adestrador do primeiro equipo, Ronald Koeman, marchou libre ao RKC Waalwijk co que debutou na Eredivisie.
Ao cabo de dous anos foi repescado polo Ajax, pero tras disputar tres encontros marchou cedido ao Sparta Rotterdam e traspasado ao ano seguinte ao danés Brondby IF, onde por fin tivo continuidade, chegando a disputar a Copa da UEFA.
O 22 de agosto de 2012 foi traspasado ao Celta de Vigo[1]
O 29 de xaneiro de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, converténdose no primeiro e único danés na historia do club coruñés.[2][3]
Coa selección
É internacional coa Selección de fútbol de Dinamarca, coa que debutou o 11 de outubro de 2006 na fase clasificatoria para a Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 contra Liechtenstein.
O 9 de xuño de 2012 marcou o primeiro gol nunha Eurocopa, ante Países Baixos. 24 encontros
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads