Michael Levitt
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Michael Levitt, nado en Pretoria, Suráfrica o 9 de maio de 1947, é un físico e biofísico surafricano (nacionalizado estadounidense, británico e israelí). En 2013 recibiu o Premio Nobel de Química xunto con Arieh Warshel e Martin Karplus polo desenvolvemento de modelos e programas informáticos que permiten comprender e predicir o comportamento de complexos procesos químicos.
Desde 1987 é catedrático de bioloxía estrutural na Universidade Stanford de California.[1]
Remove ads
Traxectoria
Levitt naceu en Pretoria (Suráfrica) no seo dunha familia xudía. Graduouse en 1967 no King's College de Londres e doutorouse en biofísica pola Universidade de Cambridge en 1971. Traballou no Instituto Weizmann de Ciencias (Israel) entre 1979 e 1987 e, dende ese ano, exerce de catedrático de bioloxía estrutural na Universidade Stanford (Estados Unidos).[2]
Entre o seu alumnado destacan investigadores como Steven Brenner, Cyrus Chothia, Valerie Daggett, Mark Gerstein, Julian Gough Ram, Gunnar Schroder, Gaurav Chopra, Peter Minary, Abraham Samson ou Xuhui Huang.[3]
Remove ads
Premio Nobel de Química
O 9 de outubro de 2013 Levitt foi galardoado, xunto con Arieh Warshel e Martin Karplus, co Premio Nobel de Química[4] «polo desenvolvemento de modelos multiescala de sistemas químicos complexos».
O traballo iniciado entre 1970 e 1976 sentou as bases dos programas informáticos que permiten simular o comportamento real das reaccións químicas, eliminando a necesidade de realizar experimentos tradicionais de laboratorio.[5] Estas simulacións facilitan a formulación de hipóteses e a predición de resultados, o que abre vías para o deseño de novos materiais ou fármacos, entre outras aplicacións.[6]
Considerado un dos pais da bioloxía computacional, Levitt contribuíu co marco teórico e conceptual destes programas e desenvolveu os primeiros modelos de grandes complexos macromoleculares.[7]
Remove ads
COVID-19
Durante a pandemia de COVID-19, Levitt expresou preocupación polos efectos potencialmente prexudiciais dos confinamentos sobre a economía, a saúde mental e o benestar infantil. Xunto con outros académicos, asinou a Declaración de Great Barrington,[8] documento criticado pola OMS e numerosas entidades de saúde pública por carecer dunha base científica sólida e considerarse perigoso.[9]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads