Microchirus ocellatus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Microchirus ocellatus
Remove ads

Microchirus ocellatusa, (Linnaeus, 1758) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como acedía de ollos.[2]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

Trátase dun pequeno linguado, de até 20 cm de lonxitude como máximo (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos, entre os 20 e os 300 m de profundidade, no Atlántico centro oriental (incluído o Mediterráneo), desde o suroeste da Península Ibérica até Serra Leoa, e en Suráfrica e no Índico occidental.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita por primeira vez en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo), na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Pleuronectes ocellatus.

Sinónimos

Ao longo do tempo foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Linneo e polo actualmente válido, polos sinónimos seguintes:[1]

  • Echinosolea oculata (Risso, 1827)
  • Microchirus (Microchirus) ocellatus (Linnaeus, 1758)
  • Monochirus ocellatus (Linnaeus, 1758)
  • Monochirus quadriocellatus (von Bonde, 1922)
  • Quenselia ocellata (Linnaeus, 1758)
  • Solea ocellata (Linnaeus, 1758)
  • Solea oculata Risso, 1827
  • Solea quadriocellata von Bonde, 1922

Etimoloxía

O nome específico, ocellatus, é a forma masculina do nominativo do adxectivo latino ocellātus, -a, -um, "que ten ollos pequenos", aludindo aos catro ocelos que presenta no lado pigmentado.

Remove ads

Características

  • É moi semellante, na forma do corpo, ao linguado común do que se diferencia, ademais de polo seu tamaño moito menor, sobre todo pola súa característica librea do lado pigmentado.
  • A coloración xeral deste lado é parda, e na parte anterior presenta algunhas manchas escuras de forma indefinida e, na posterior, catro ocelos de cor azulada e rodeados dunha liña amarela.
  • As aletas dorsal e anal son de cor negra ou escura coas marxea brancas.
  • A columna vertebral está constituída por de 40 a 43 vértebras.
  • A aleta dorsal está sustentada por de 62 a 70 raios; e a anal, por de 64 a 75 raios.[3][4]
  • O seu tamaño máximo é de 20 cm, aínda que os espécimes capturados roldan tan só os 15 cm.[3]
Remove ads

Hábitat e distribución

É unha especie mariña, demersal, oceanódroma que habita en mares subtropicais, en fondos de entre os 30 e os 300 m de profundidade,[4] entre os 43° N e os 4° N,[5], no Atlántico centro-oriental, encontrándose nas costas do suroeste da Península Ibérica, o mar Mediterráneo, a illa de Madeira, as illas Canarias, Senegal, Ghana, Guinea-Bissau e Serra Leoa, e nas do océano Índico occidental, desde a antiga provincia de Natal (Suráfrica), até as costas occidentais da India.[5]

Pesca

Microchirus ocellatus é obxecto de pesca nas zonas 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads