Micronema

From Wikipedia, the free encyclopedia

Micronema
Remove ads

Os micronemas son orgánulos típicos de protozoos Apicomplexa con función secretora. Están situados no terzo apical do protozoo, son pequenos e delgados con forma de corda enroscada e rodeados de membrana, cunha matriz interna electrodensa debido ao seu contido proteico. O seu nome vén da súa forma: micro + nema = microfíos.[2] Estes orgánulos secretores especializados crese que son importantes para a motilidade por esvaramento dos apicomplexos e para a invasión da célula hóspede.

Thumb
Micrografía electrónica de transmisión de taquizoítos de Toxoplasma gondii.[1] Micronemas: mn (facer clic para ampliar).
Thumb
Esquema dun apicomplexo. O número 3 son os micronemas.

Estes orgánulos segregan varias proteínas, como o da familia proteica do antíxeno da membrana apical 1 ou PfAMA1 de Plasmodium falciparum, e o antíxeno da familia eritrocitaria ou EBA.[3] Estas proteínas están especializadas na unión a receptores de superficie dos eritrocitos do hóspede e facilitan a entrada do parasito no eritrocito. Só grazas a este intercambio químico inicial facilitado polos micronemas pode o parasito penetrar no eritrocito por medio do complexo motor de actina-miosina.

Postulouse que este orgánulo funciona cooperativamente coas roptrías, as cales son tamén orgánulos secretores especializados. É posible que, o micronema inicie a unión ao eritrocito, e a roptría segregue proteínas que crean a membrana vacuolar parasitófora, na cal o parasito pode sobrevivir e reproducirse.[4][5]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads