Microsoft Windows

familia de sistemas operativos orientados aos computadores persoais From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Microsoft Windows é unha liña de sistemas operativos gráficos privativos desenvolvidos e comercializados por Microsoft. Está agrupada en familias e subfamilias que atenden a sectores particulares da industria informática: Windows para unha estación de traballo de consumo ou corporativa, Windows Server para un servidor e Windows IoT para un sistema integrado. Windows véndese por separado ou pode vir incluído en produtos de terceiros.

Datos rápidos Nome curto, Instancia de ...
Remove ads

Windows é o sistema operativo de escritorio máis popular do mundo, cunha cota de mercado do 70% en marzo de 2023, segundo StatCounter;[1] non obstante, cando se inclúen os sistemas operativos móbiles, non é o máis utilizado, a favor de Android.[2]

Remove ads

Historia

A primeira versión de Windows, Windows 1.0, foi lanzada o 20 de novembro de 1985, como shell de sistema operativo gráfico para MS-DOS en resposta ao crecente interese polas interfaces gráficas de usuario (GUI).[3] O nome "Windows" é unha referencia ao sistema de ventás nas GUI.[4] O lanzamento de Windows 3.0 en 1990 catapultou o seu éxito no mercado e levou a varias outras familias de produtos, incluíndo os xa desaparecidos Windows 9x, Windows Mobile, Windows Phone e Windows Embedded Compact. A partir de Windows 95, Windows pasou a non depender dun DOS e pasou a ser un sistema operativo propio.

A 2024, a versión máis recente de Windows é Windows 11 para PCs e tabletas, Windows 11 Enterprise para corporacións e Windows Server 2025 para servidores. Aínda son compatibles algunhas edicións de Windows 10, Windows Server 2016 ou posterior (e excepcionalmente con soporte de pago ata Windows Server 2008).

Remove ads

Versións

Versións baseadas no MS-DOS (e ano de saída ó mercado):

Versións baseadas no NT (Network Technology):

Versións baseadas no CE:

  • Windows CE 3.0
  • Windows Mobile
  • Windows CE 5.0
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads