Middlesex

From Wikipedia, the free encyclopedia

Middlesex é un condado histórico de Inglaterra, existente como entidade administrativa de 1889 a 1965. Desde entón case todo o territorio do que estaba composto pasou a formar parte do Gran Londres con excepción de Staines e Sunbury-on-Thames, que ficaron baixo a administración de Surrey, e Potters Bar, hoxe en Hertfordshire . Desde a súa supresión como entidade administrativa, o nome Middlesex só se conservou para temas históricos, deportivos e culturais.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Middlesex

Localización
Thumb Thumb
 51°30′00″N 0°25′00″O
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
Condado cerimonialGran Londres
Poboación
Poboación2.234.543 (1961) (3.713,72 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie601,7 km²
Comparte fronteira con
Datos históricos
Disolución1 de abril de 1965
Evento clave
21 de marzo de 1889cambio de fronteira: Metropolitan Board of Works area (en)
Causado por: Local Government Act 1888 (en)
1 de novembro de 1900cambio de fronteira: South Hornsey (en)
Causado por: London Government Act 1899 (en)
1 de novembro de 1900cambio de fronteira: Alexandra Park (London)
Causado por: London Government Act 1899 (en)
Organización política
Órgano lexislativoMiddlesex County Council (en) ,
Identificador descritivo
Código postalEN, HA, TW e UB

Pechar

Historia

O nome deriva do feito de que o condado estaba situado entre os de Essex e Wessex.[1] Foi recoñecido como condado oficial en 1889. Limitaba con Hertfordshire, Essex, Surrey e Buckinghamshire. Nos séculos XIX e XX os centros urbanos de Middlesex foron progresivamente afectados pola expansión de Londres. Entre 1900 e 1920, a rede de metro de Londres chegou a varios centros de Middlesex como Uxbridge, Wembley, Enfield, Harrow e Finchley, que se desenvolveron rapidamente como grandes núcleos suburbanos. Após a Segunda guerra mundial, Londres incorporou primeiro os suburbios occidentais como Wembley e Ealing, e despois gradualmente todo o condado. A bandeira e o escudo son similares aos do condado de Essex, pero cunha coroa sobre as tres espadas. Hoxe, o nome Middlesex sobrevive só como enderezo postal, como nome dunha universidade e como nome dun equipo de cricket local.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.