Mikhail Bakunin

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mikhail Bakunin
Remove ads

Mikhail Aleksandrovich Bakunin (en cirílico Михаил Александрович Бакунин), nado en Pryamukhino o 30 de maio de 1814 e finado en Berna o 1 de xullo de 1876, foi un anarquista ruso, un dos pais da teoría anarquista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Bakunin naceu no seo dunha familia aristocrática, en 1828 trasladouse a San Petersburgo para recibir instrución militar, logo da súa graduación (1832) serviu en Minsk e Gardinas, en 1835 en contra dos desexos do seu pai deixa o exército e marcha a Moscova para estudar filosofía, en 1840 nunha estadía en Berlín únese ao movemento socialista, aséntase en Suíza e participa activamente nas actividades socialistas, o goberno ruso confiscoulle as propiedades cando Bakunin se negou a regresar a Rusia. En 1849 participou na revolta de maio en Dresden, polo que foi condenado a morte, que lle foi conmutada por cadea perpetua, levado a Rusia, en 1855 o goberno envíao a Siberia oriental ata que foxe ao Xapón. Chega a Inglaterra en 1861. Bakunin permanecerá o resto da súa vida no exilio, sobre todo en Suíza. En 1869 fundou a Alianza Social Democrática, pero diante da negativa a permitirlle afiliarse á Primeira Internacional, a alianza disólvese e os diferentes grupos que a formaban entran na Internacional. En 1870 tenta unha revolta fanada en Lión. Os desacordos con Marx, en especial á necesidade dun Estado dos traballadores, que Bakunin nega, levan á expulsión de Bakunin da Primeira Internacional en 1872.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads