Dresden
cidade alemá, capital do estado federado de Saxonia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dresden[1][2] ou Dresde[3] (en alemán: Dresden) é unha cidade alemá á beira do Elba e capital do estado federado de Saxonia. Conta con 512.234 habitantes (2008) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas de Volkswagen, Airbus etc.).
Limita ao noroeste co distrito de Meißen, ao nordés co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge. Dresden atópase xusto no centro da conurbación homónima. Situada no centro de Europa, constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de grande importancia.[4] Esta aglomeración, xunto coa de Chemnitz-Zwickau e a de Leipzig-Halle, constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo saxón".[5] A poboación total de Dresden supera os 525.000 habitantes e o seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.[6]
O Val do Elba en Dresden foi Patrimonio da Humanidade da Unesco entre 2004 e 2009, pero perdeu o seu sitio en dita lista debido á construción dunha ponte a dous quilómetros do centro histórico. Deste xeito, converteuse no primeiro lugar en Europa e segundo en todo o mundo en perder esta condición.[7]
En 2015, a cidade foi laureada, xunto coa sueca Vara co Premio de Europa, unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa, desde 1955, a aqueles municipios que fixesen notables esforzos para promover o ideal da unidade europea.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads