Miloš Zeman
terceiro presidente da República Checa From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Miloš Zeman nado en Kolín o 28 de setembro de 1944, é un economista e político checo, actual presidente da República Checa.
Remove ads
Carreira política
Durante a súa mocidade foi membro do Partido Comunista de Checoslovaquia (1968-1970).[1] Logo militou no Partido Socialdemócrata Checo (ČSSD), e como líder desa formación política foi un dos protagonistas políticos da década de 1990. Logrou que os socialdemócratas fosen a segunda forza tras o Partido Demócratico Cívico (ODS) do primeiro ministro Vaclav Klaus nas eleccións de 1996. Foi presidente da Cámara de Deputados entre 1996 e 1998, ano no que o Partido Socialdemócrata Checo gañou as eleccións parlamentarias acadando entón a xefatura do goberno ata 2002, cando renunciou a presentarse á reelección. O seu goberno procurou facer reformas necesarias para o ingreso na Unión Europea, aprobou o envío de tropas a Afganistán para axudar á intervención norteamericana logo do 11-S, e a nivel económico, malia non frear o aumento do desemprego, logrou reducir a inflación.[2]
Abandonou o ČSSD o 21 de marzo de 2007 debido a conflitos co daquela líder e presidente do partido Jiří Paroubek. En outubro de 2009, fundou o Partido dos Dereitos Civís–Zemanovci (Strana Práv Občanů – Zemanovci, SPOZ).
Xunto a Jan Fischer, Zeman foi un dos dous candidatos máis fortes na primeira elección presidencial directa na República Checa, realizada en xaneiro de 2013.[3] Zeman gañou por unha estreita marxe a primeira volta das eleccións e entrou na segunda volta xunto a Karel Schwarzenberg, elección onde obtivo a vitoria, converténdose no presidente da República Checa. Obtivo a reelección durante as eleccións presidenciais de 2018.[4]
É considerado como un político prochinés e próximo a Vladimir Putin.[5][6] De feito, segundo Radio Free Europe/Radio Liberty é un dos líderes da Unión Europea máis aliñado co Kremlin.[7] Tamén amosou publicamente a súa simpatía cara Donald Trump.[8] As súas posicións ideolóxicas foron evoluíndo dende o centro esquerda cara postulados cada vez máis conservadores e populistas.[9][10]
Como xefe do estado amosou contradiccións con respecto a Unión Europea. En 2013 ao chegar á presidencia izou a bandeira da Unión Europea no Castelo de Praga, a súa residencia oficial, e asinou o Tratado que establece o Mecanismo Europeo de Estabilidade, dous xestos aos que se negara o seu predecesor, Vaclav Klaus.[11] Logo do Brexit comentou que Chequia tamén debería ter un referendo para decidir sobre a súa continuidade na UE e na OTAN,[12] aínda que logo cualificou como "un medo irracional" a oposición dos checos á adopción do Euro como moeda.[13] Manifestouse tamén a favor de que a República Checa mudara oficialmente o seu nome a Chequia, considerando a primeira denominación como "fría". Segundo destacaron algúns xornalistas, para Zeman o troco do nome tamén era rematar con parte do legado de Vaclav Havel.[14]
Internamente foi criticado en numerosas ocasións por facer un uso discrecional dos seus poderes como presidente. En 2019 o Senado checo iniciou, por primeira vez na súa historia, un proceso de destitución por acusalo de violar a constitución.[15] Con todo, o proceso non contou co respaldo da Cámara de Deputados, permitindo a Zeman continuar no cargo.[16]
Os seus problemas de saúde fixéronse máis frecuentes durante o seu segundo mandato: doente de diabetes e dunha neuropatía, comezou a desprazarse en cadeira de rodas en 2021.[17][18] en xuño dese ano, o comité de seguridade do Senado checo afirmou que Zeman era incapaz de cumprir coas súas tarefas.[19] O seu estado gañou relevancia pública en outubro de 2021, pois o día seguinte ás eleccións xerais, o 10 de outubro, tras unha xuntanza co primeiro ministo, Andrej Babiš, tivo que ser ingresado en coidados intensivos no Hospital Militar de Praga.[20] O presidente ten uns poderes basicamente cerimoniais, mais debe encargar a un candidato formar goberno: un rol determinante pois, logo das eleccións, Babiš non contaba cunha maioría sendo superado en voto e escanos pola suma da oposición.[21] Se ben Zeman, antes das eleccións xa anunciara que empregaría as súas competencias para garantir a continuidade de Babiš,[22] o resultado electoral complican a súa vontade, mentres que o seu precario estado de saúde sumou incerteza ao panorama político checo.[23] O día 11 de outubro, deuse a coñecer un parte médico que, sen dar detalles concretos, anunciaba que o estado de saúde do presidente Zeman era estable.[24]
Logo de varios días ingresado, a presidencia fixo público un vídeo de Zeman traballando dende o hospital pero a preocupación sobre se era quen de exercer as súas funcións levou o Senado checo a iniciar o proceso de incapacitación.[25][26] Paralelamente, informouse de que comezaran investigacións xudiciais para investigar o comportamento do círculo próximo ao presidente ao existir denuncias de omisión do socorro, así como falsificación e usurpación da identidade dun funcionario.[27] A principios de novembro, unha xunta médica declarou que Zeman non podía continuar exercendo os seus poderes de forma total.[28] Días máis tarde confirmouse que mantivera unha conversa telemática cos líderes do Partido Democrático Cívico (ODS) para tratar un posible cambio de goberno.[29] Finalmente, o 9 de novembro de 2021, ofreceu ao líder de SPOLU, a coalición opositora a Babiš, Petr Fiala, pertencente a ODS, a formación do executivo.[30] A designación oficial de Fiala como primeiro ministro foi o 28 de novembro, no acto o presidente Zeman apareceu illado tras uns biombos de protección pois estaba contaxiado de covid-19.[31] A primeira tensión con Fiala foi o rexeitamente inicial de Zeman para nomear a Jan Lipavský como ministro de Exteriores polas súas posicións contrarias a mover a embaixada en Israel, a favor de Taiwán e as dúbidas sobre a cooperación co Grupo de Visegrad, aínda que finalmente acabou aceptando a proposta do novo xefe do goberno.[32][33]
Non sendo elixible novamente, non concorreu ás eleccións presidenciais de 2023, nelas que resultou escollido Petr Pavel, xeneral retirado, como o seu sucesor.[34]
Remove ads
Controversias
En xuño de 2011, Zeman, en referencia ó islam, dixo: «O inimigo é a anti-civilización que se estende dende o norte de África até Indonesia. Dous mil millóns de persoas viven nela». El comparou ós musulmáns que cren no Corán cos nazis antisemitas e racistas. Presentouse unha denuncia na súa contra por mor dos comentarios.[35] Posteriormente suavizou os seus comentarios, a través do seu voceiro Jiří Ovčáček, dicindo que persoalmente asumirá o patrocinio sobre o Fondo da Amizade Cristiá Checo-Siria–Zemanovci (FACC–Z).[36] As acusacións de xenofobia e islamofobia volveron cando en 2017 declarou que Bosnia e Hercegovina podería ser a próxima base do ISIS.[37]
As acusacións de xenofobia son frecuentes, por exemplo, por usar unha linguaxe antialemá como nas eleccións presidenciais de 2013 cando chamou ao seu contrincante, Karel Schwarzenberg, alemán dos Sudetes.[38][39] Tamén polos comentarios que usa para manifestarse contra a inmigración ou polos seus prexuízos sobre os xitanos.[40][41][42]
Como presidente da República Checa amosouse solidario cos gobernos de Viktor Orbán en Hungría e do partido Lei e Xustiza de Polonia cuxas medidas resultan controvertidas no resto da Unión Europea.[43] Deste xeito, nunha entrevista en xuño de 2021, cando pretendía defender unha lei húngara que coutaba a información en materia LGTBI afirmou que as persoas transxénero lle resultaban "intrinsecamente noxentas".[44]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
