Mimulfo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Mimulfo, finado en Orta San Giulio en 590, foi un duque longobardo, señor da zona de Novara sobre o 575, probabelmente como duque de San Giulio.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Segundo a Historia Langobardorum de Paulo Diácono[1], o duque foi acusado de traizón a favor dos francos e feito decapitar na illa de San Giulio polo rei Axilulfo no 590.

É probábel que detrás da súa condena haxa motivacións políticas, ligadas á hostilidade de diversos duques contra o novo rei.

Un pequeno sarcófago que contiña restos humanos e unha inscrición MEINULF (hoxe desaparecida), atopouse na basílica de san Giulio, durante as escavacións efectuadas a finais do século XVII[2]. O sarcófago úsase agora como peto para as esmolas na igrexa.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads