Mo Yan

novelista chinés From Wikipedia, the free encyclopedia

Mo Yan
Remove ads

Guan Moye (chinés simplificado: 管谟业; pinyin: Guǎn Móyè), nado en Gaomi (Shandong) o 17 de febreiro de 1955, é un escritor chinés, máis coñecido co pseudónimo de Mo Yan (chinés simplificado: 莫言; pinyin: Mò Yán), que significa "Non fales"[1]. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 2012.[2][3]

Acadou sona en occidente especialmente pola adaptación cinematográfica que o director Zhang Yimou fixo dunha das súas novelas, co título de Hong gao liang ("Sorgo vermello").

Remove ads

Traxectoria

Naceu na provincia de Shandong, nunha familia de granxeiros. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha fábrica de petróleo. Con 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación, as actuais forzas armadas do seu país, e nesa época comezou a escribir. En 1981 publicou a súa primeira novela. En 1984 obtivo un posto na Escola de Arte e Literatura do Exército, o que lle permitiu dedicar máis tempo a escribir. En 1996 publicou 丰乳肥臀 ("Grandes peitos anchas cadeiras"), novela que foi prohibida na China, e no que desde unha visión feminina revisa case un século da historia do seu país.

Remove ads

Estilo

O seu estilo foi comparado co realismo máxico de Gabriel García Márquez ou mesmo con Franz Kafka, William Faulkner ou Fiódor Dostoievski debido á súa introspección e a análise que fai da crueza do home e a sociedade. Realismo alucinatorio segundo a Academia Sueca. Emprega unha lingua cruel e elegante ao tempo. Inzada de imaxes imposibles por veces estremadamente violentas e en ambientes rurais, onde as mulleres sofren inxustizas e a sociedade abondas mostras de abuso de poder, corrupción e submisión. E resulta especialmente hábil en contar historias desta sorte evitando a peneira da censura chinesa.

Remove ads

Adaptacións

Varias das súas novelas foron levadas ao cine:

  • Hóng Gāoliáng (1987; dirixida por Zhang Yimou)
  • Xìngfú Shíguāng (2000; dirixida por Zhang Yimou).
  • Nuǎn (2003; dirixida por Huo Jianqi)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads