Moa (ave)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Moa (ave)
Remove ads

As moas (Dinornithiformes) eran aves non voadoras xigantes de Nova Zelandia. Coñécense seis xéneros e nove especies de diferentes tamaños, sendo a máis grande a moa xigante (Dinornis robustus e Dinornis novaezelandiae), que medían preto de 3 metros de alto e tiñan un peso de 250 kg.

Datos rápidos Distribución, Dimensións ...

As moas extinguíronse ao redor do ano 1500, pouco despois de que os primeiros cazadores maorís chegasen ás illas. Previamente, o número de moas descendera no último millón de anos debido tanto aos períodos glaciais (case toda a Illa Sur foi ocupada polo xeo) como á ameaza das aguias de Haast (Harpagornis moorei), as maiores aves de presa coñecidas e hoxe tamén extinguidas. Os kiwis considéranse emparentados coas moas.

Unha moa xigante (Dinornis robustus) alcanzaba moi serodiamente a súa madurez reprodutiva: aos dez anos de nada. Esta demora facilitou a súa extinción xa que non se deu unha suficiente taxa de reposición ante o ritmo co que eran cazadas polos maorís.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads