Megafauna

From Wikipedia, the free encyclopedia

Megafauna
Remove ads

Megafauna (do grego μέγας mega-s, "grande" e do neolatín fauna, "animais") é un termo que se emprega en paleontoloxía para designar os grandes animais terrestres extinguidos que viviron unha vez finalizado o período cretáceo e até a extinción dos dinosauros.

Thumb
O mamut, exemplar catalogado como megafauna.

Terminoloxía

O termo megafauna foi empregado de diversos xeitos e evolucionou dentro de cada disciplina.[1]

Megafauna do Plistoceno

Úsase principalmente para referirse á megafauna do Plistoceno, os grandes animais terrestres da última idade de xeo, como os mamuts.

Thumb
Mastodonte de entre 2,5 e 3 metros de altura até o ombreiro e un peso de entre 3500 e 5400 quilogramos.

O uso do termo neste sentido está relacionado coa discusión sobre as extincións do Holoceno após a idade de xeo. A maioría dos grandes animais terrestres que estaban vivos hai 12.000 anos agora están extintos, e hai moita discusión sobre cales foron as causas. As dúas teorías principais son a caza por parte dos humanos e o cambio climático.[2] Ambas razóns parecen explicar por que estes animais previamente "exitosos" agora están extintos.[3]

Thumb
Exemplar de Megatherium (megafauna marsupial).

As aves elefante en Madagascar foron certamente cazadas até a súa extinción, ao igual que os moas hai aproximadamente cincocentos anos en Nova Zelandia. Os sitios arqueolóxicos con evidencia de caza de moa están por todo o arquipélago. Os moa sobreviviron a ser cazados pola aguia de Haast, pero non á caza por parte dos maorís.[2]

Outros usos e novas definicións

Tamén se utiliza para describir os maiores animais terrestres vivos, especialmente os elefantes, xirafas, hipopótamos, rinocerontes, alces, cóndores, entre outros.[4]

Segundo Marcos Moleón investigador do Departamento de Zooloxía da Universidade de Granada, “para un biólogo que estuda os fondos mariños, por exemplo, a 'megafauna' pode ser un carangrexo ou unha lesma mariña; Para un especialista en solos, a 'megafauna' podería ser unha miñoca; Para un paleontólogo, 'megafauna' refírese a vertebrados que pesan máis ou aproximadamente o mesmo que un humano; e para algúns ecoloxistas terrestres só deberían clasificarse como 'megafauna' os 'megaherbívoros', é dicir, os herbívoros de máis dunha tonelada de peso."[1]

Para definir a megafauna, os investigadores da UGR propuxeron que, alén do tamaño dos animais, se consideren as funcións ecolóxicas (impacto na estrutura do ecosistema, dispersión de sementes, modificación do hábitat...) e características específicas como a lonxevidade e as taxas de reprodución. Este enfoque busca proporcionar unha descrición máis precisa e completa da megafauna, fomentando a cooperación interdisciplinar e a conservación efectiva das especies.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads