Mod (videoxogos)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un mod, do inglés modification (en galego, modificación), é a alteración do contido dun videoxogo co propósito de facer que funcione dunha forma diferente á da versión orixinal. Os mods adoitan crearse para todo tipo de xéneros de videoxogos, sendo especialmente populares nos de FPS, rol e estratexia en tempo real. Estes mods non son software autosuficiente por si mesmos e requiren os videoxogos orixinais dos que parten para funcionar. Os mods adoitan incluír novos obxectos, armas, personaxes, inimigos, niveis ou reconversións do modo de xogo. Os que engaden novo contido ó xogo orixinal adoitan denominarse "conversións parciais", mentres que os crean novos xogos case por completo chámanse "conversións totais".
Lawrence Lessig describiu a creación de mods, chamada modding, como parte da "cultura remix". Os mods poden axudar a dar continuación ó éxito comercial do xogo orixinal, aínda cando este xa se considera anticuado.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads