Lawrence Lessig

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lawrence Lessig
Remove ads

Lawrence Lessig, nado o 3 de xuño de 1961 no estado do Dakota do Sur, é un xurista norteamericano de notoriedade internacional.

Remove ads

Traxectoria

Estudou na Universidade de Pensilvania, no Trinity College (Cambridge) e na Universidade Yale. Foi profesor de Dereito en Harvard e na Universidade de Chicago.

Está considerado liberal progresista, se ben no seu momento foi asistente dos xuíces Richard Posner e Antonin Scalia, considerados conservadores.

En 2002 Lessig obtivo o FSF Award for the Advancement of Free Software da Free Software Foundation (FSF). O 28 de marzo de 2004 foi elixido para integrar a Xunta Directiva da FSF[1].

O concepto de "cultura libre" propúxoo no seu libro en su libro homónimo (Cultura libre). É un activo promotor do software libre e o espectro aberto[2].

Especialista de dereito político e de dereito da propiedade intelectual, é un importante defensor da liberdade sobre Internet e oponse a unha interpretación extensiva do dereito de autor que prexudica o potencial de creación e aos intercambios en liña. É unha das voces máis escoitadas nos debates sobre os límites do dereito de autor e sobre o desenvolvemento mundial de Internet.

Actualmente é profesor de dereito (C. Wendell and Edith M. Carlsmith Professor of Law) na Stanford Law School (Universidade Stanford, California) onde fundou o Center for Internet and Society. É o actual presidente de Creative Commons (2010), membro do Consello da Electronic Frontier Foundation e membro da Xunta Directiva do Software Freedom Law Center, creado en febreiro de 2005.

No 2015 anuncia a súa candidatura á presidencia dos USA polo Partido Demócrata tendo como obxectivo aprobar unha única lei, a Citizens Equality Act, tras o que dimitiría deixando a presidencia ó Vicepresidente que forme equipo con el.

Remove ads

Obra[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads