Regulón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

En xenética molecular, un regulón é un grupo de xenes que son regulados como unha unidade, xeralmente porque son controlados polo mesmo xene regulador que expresa unha proteína que actúa como un represor ou activador. Esta terminoloxía utilízase xeralmente (pero non exclusivamente) en referencia aos procariotas, cuxos xenomas están en gran medida organizados en operóns; os xenes contidos dentro dun regulón están normalmente organizados en máis dun operón situados en localizacións que poden estar espalladas por todo o cromosoma bacteriano.[1] Aplicado a eucariotas, o termo refírese a calquera grupo de xenes non contiguos controlados polo mesmo xene regulador.[2]

Un modulón é un conxunto de regulóns ou operóns que son regulados conxuntamente en resposta aos cambios nas condicións globais ou estreses aos que está sometida a célula, pero pode estar baixo o control de moléculas regladoras diferentes ou que se solapan. O termo estimulón utilízase ás veces para referirse ao conxunto de xenes cuxa expresión responde a estímulos ambientais específicos.[1]

Remove ads

Exemplos

Os regulóns que máis comunmente se estudan en bacterias son os implicados na resposta a estreses como o shock térmico. A resposta de shock térmico en E. coli é regulada polo factor sigma σ32 (RpoH), cuxo regulón contén polo menos 89 marcos de lectura abertos.[3]

Os regulóns que implican factores de virulencia en bacterias patóxenas son de particular interese en investigación; un exemplo moi estudado é o regulón fosfato de E. coli, que acopla a homeostase do fosfato á patoxenidade por medio dun sistema de dous compoñentes.[4] Os regulóns poden ás veces ser illas de patoxenicidade.[5]

O regulón Ada de E. coli é un exemplo ben caracterizado dun grupo de xenes implicados na forma de resposta adaptativa de reparación do ADN.[6]

O comportamento bacteriano de percepción do quórum é un exemplo frecuentemente citado de modulón ou estimulón,[7] aínda que algunhas fontes describen este tipo de autoindución intercelular como unha forma diferente de regulación.[1]

Remove ads

Evolución

Os cambios na regulaión das redes xénicas son un mecanismo común da evolución dos procariotas. Un exemplo dos efectos de diferentes ambientes reguladores para proteínas homólogas é a proteína de unión ao ADN OmpR, que está implicada na resposta ao estrés osmótico en Escherichia coli, pero está implicada na resposta a ambientes ácidos no serovar emparentado Salmonella Typhimurium.[8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads