Moncho Borrajo
humorista e dramaturgo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ramón Borrajo Domarco, nado en Baños de Molgas o 24 de decembro de 1949, é un humorista, dramaturgo e pintor galego, máis coñecido como Moncho Borrajo.
Traxectoria
Ao entrar na adolescencia marcha cos seus pais, Ramón e Donigna, a Vigo, a estudar o bacharelato. Aos 14 anos comezou a escribir poemas, e con 16 marchou a Valencia para estudar Arquitectura. Alí destaca como debuxante, e abandona a carreira e pásase a estudar Arquitectura técnica e despois Belas Artes na escola San Carlos de Valencia. En 1970 gañou un premio de debuxo na universidade e participou nalgúns certames de debuxo como o que levaba o nome de Joan Miró. A partir dese momento realizou distintas exposicións de debuxo e pintura, ao longo de toda a súa traxectoria.
A principios dos anos setenta realiza diversas actuacións como cantautor dentro do xénero da protesta política, interpretando temas en galego, castelán e valenciano. En 1972 recibiu o 2º premio nun concurso de canción universitaria.
En 1976 recibiu a medalla ao Mérito artístico concedida polo Ministerio de Información e Turismo. En Valencia fundou a biblioteca do Centro Galego e mais un grupo de baile tradicional na mesma entidade.
En 1985 deixou a música e subiu por primeira vez ós escenarios como humorista e dramaturgo, e acadou axiña fama como monologador, co que realizou diversas xiras por teatros de España. En 1991 volveu pintar e foi seleccionado para algunhas exposicións colectivas como a mostra BMW ou a Mostra Unión Fenosa. A partir do ano 2001, con Markitis, inicia unha serie de textos teatrais para diversos personaxes que nalgúns casos dirixe el mesmo (Markitis e Terapia a las seis, de 2004) e noutros unicamente escribe, como con Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006. Dentro dese proceso merca o teatro Amaya de Madrid, onde estrea as súas producións.
Ademais, ten traballado como actor de dobraxe nas versións españolas de Mira quen fala e Mira quen fala tamén e ten escrito artigos para o xornal Las Provincias.
En 2006 decide xubilarse dos escenarios[1] coa obra Despedida y cierre, e con ela está de xira ata 2009. Nese ano, o 14 de febreiro deu a súa última actuación no Coliseum da Coruña[2].
Remove ads
Obra
Espectáculos

- Aguijón 79 (1978)
- Moncho gusto (1983)
- Borrajo perdido (1987)
- Caca y cola
- Apuntes para un cabaret
- Ni a tontas ni a locas (1993)
- Aquí no hay crisis (1993)
- En concierto sentido del humor (1995)
- Dihablemos (1997)
- El bufón del rey (1998)
- Loco (2000), co que superou os 50.000 espectadores[3].
- Markitis (2001)
- 30 años sin parar (2003)
- Terapia a las seis 2004)
- Cosas mías (2004)
- Este y yo (2005)
- España Cabaret (2005)
- Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006.
- Despedida y cierre (2006)
- La merienda (2008)
Literatura en castelán
- Moncho y yo
- Moncho y tú
- Pobres míos (debuxos)
- Amo la ciudad (narrativa breve)
- Pavana para una difunta (novela)
- Con amor y humor (aforismos)
- 365 ocurrencias para la tolerancia (aforismos)
- El crucero de la felicidad (novela, 2018)
Literatura en galego
Remove ads
Premios e legado
Hai unha estatua que o reproduce na praza do Humor da Coruña. É fillo predilecto de Baños de Molgas, e na antiga estación desta localidade hai unha biblioteca que naceu duns 5000 libros seus.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads