Moneixas, Lalín
parroquia civil do concello de Lalín From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santo Adrao de Moneixas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2008 tiña 257 habitantes (138 mulleres e 119 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2000 cando tiña 256 habitantes. Atópase a uns 2 quilómetros da capital do concello.
Remove ads
Historia
A parroquia pertenceu ao condado de Coto Redondo do que eran señores os monxes de Aciveiro, que tiñan en Moneixas granxa e paneira, como recorda o topónimo da aldea do Coto.
Patrimonio
A súa igrexa parroquial foi reconstruída en tempos recentes pero conserva restos románicos do primitivo edificio (finais do século XII, principios do XIII). No templo hai unha capela dedicada á Virxe do Carme, erixida como santuario nos anos cincuenta.
Hai un cruceiro cun capitel historiado con imaxes e símbolos da Paixón.
Actividade cultural
O grupo de gaiteiros Os Dezas estivo activo desde a década de 1920. En 1994 creouse unha nova banda de gaitas que recolleu esa denominación.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Moneixas, Lalín.
- Fachada da igrexa parroquial.
- Capela da Virxe do Carme acaroada á igrexa parroquial.
- Interior da igrexa de Moneixas.
Lugares e parroquias
Lugares de Moneixas
Lugares da parroquia de Moneixas no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Campiño | Cancelo | O Coto | O Cruceiro | Enxame | Moneixiñas | O Outeiro | O Pedrouzo | Quintá | Regoufe |
Parroquias de Lalín
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads