Mons

cidade de Bélxica, capital da provincia de Hainaut From Wikipedia, the free encyclopedia

Monsmap
Remove ads

Mons (en flamengo Bergen) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia de Hainaut, na zona francófona do país. Ten arredor de 91.000 habitantes.

Thumb
Casa do Concello na Gran Praza (Grand-Place)
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Situación

Mons localízase a 50 km, en dirección suroeste, da capital do país, Bruxelas, a arredor de 200 km ao nordeste de París e a uns 75 km ao leste de Lille. A cidade está situada no cruzamento de importantes eixes autoestradais: E19 (París-Bruxelas-Anveres-Ámsterdam) e E42 (Lille-Charleroi-Liexa-Fráncfort do Main).

Topografía

O relevo do concello de Mons está marcado polo val do río Haine, que flúe de leste a oeste, ao norte da cidade, para acabar por xuntarse, xa en Francia, co Escalda. O río Trouille xúntase co Haine na mesma cidade de Mons. O norte e sur do val do Haine está conformado por outeiros e altiplanos con alturas progresivamente en aumento que varían entre os 50 e os 115 m, que culminan na aldea de Saint-Denis. A altura descende até o 20 m nas beiras do Haine e do canal Nimy-Blaton-Péronnes.

A cidade foise desenvolvendo sobre un outeiro (de aí o nome de Mons: monte) sito na confluencia entre o Haine e o Trouille, o que lle foi conferindo unha forma máis ou menos circular. A altura do casco urbano é maior xustamente no seu centro.

Remove ads

A ver

O centro da vida cidadá é a Gran Praza (Grand-Place). A súa man suroeste ábrense as rúas medievais, ben conservadas. Cómpre ver:

  • A Casa do Concello (Hôtel de Ville), edificio gótico do século XV; á súa entrada principal, no exterior, a curiosa estatua dun macaco, dito o Singe du Grande Garde, do cal se di que outorga boa sorte a que lle aloumiña coa man dereita a cabeza;
  • Colexiata de Sainte-Waudrau, de estilo tardogótico, no suroeste da Grande-Place
  • Museo da Guerra (Musée du Guerre), consagrado ás vicisitudes da cidade nas dúas guerras mundiais;
  • Musée du Vieux Nimy, cunha boa colección de porcelana de Delft.
Predecesor:
Riga
Umeå

Capital Europea da cultura
xunto con República Checa Plzeň

2015
Sucesor:
Polonia Wrocław
Donostia

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads