Little Rock

From Wikipedia, the free encyclopedia

Little Rockmap
Remove ads

Little Rock é unha cidade dos Estados Unidos, a capital e a cidade máis grande do estado de Arcansas. Está localizada no centro do estado, no condado de Pulaski e o seu nome deriva dunha pequena rocha situada nun extremo do río Arcansas, chamada La Petite Roche.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...

Segundo o censo de 2008 tiña unha poboación de 189.515, cun total de 675.069 no área metropolitana.

Remove ads

Xeografía

Little Rock está localizada na parte sur do río Arcansas, no centro de Arcansas. A parte occidental da cidade está localizada nas faldras das montañas Ouachita. No norte, o lago Maumelle proporciona auga potable á cidade.

O seu fuso horario é o Central, (UCT -6).

Demografía

De acordo co censo de 2008, Little Rock ten unha poboación de 189.515 persoas, sendo a densidade de poboación de 626,39 hab/km². En 2000, a poboación de Little Rock era un 55% de etnia branca, o 40,41% eran afroamericanos, o 2,67% eran latinos, o 1,66% eran asiáticos e o 1,28% pertencía a outras etnias.

Historia

En 1722, un explorador francés chamado Bernard de la Harpe atopou unha pequena roca ao carón da ribeira do río Arcansas, á que chamou La Petite Roche ("A Pequena Roca", en francés), e preto da cal construíu un posto comercial.

En 1819 fúndase Little Rock, a cal convértese na capital do estado de Arcansas en 1821. En 1836, Arcansas convértese no 25º estado de Estados Unidos, sendo Little Rock a súa capital. No período da Guerra de Secesión, Little Rock uniuse ao bando confederado.

En 1911 construír o Capitolio do Estado de Arcansas. Converteuse no terceiro edificio estatal da cidade.

En 1957 producíronse graves disturbios raciais nun instituto de Little Rock. A magnitude dos feitos foi tal, que o exército tivo que intervir para disolver as revoltas.

En 1992 o Gobernador de Arcansas Bill Clinton converteuse na primeira persoa deste estado en converterse en presidente dos Estados Unidos.

A banda de rock Evanescence provén desta cidade.

Cidades irmandadas

A cidade está irmandada con:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads