Monte Fuji

From Wikipedia, the free encyclopedia

Monte Fujimap
Remove ads

O monte Fuji (富士山 Fujisan?, Xaponés: [ɸɯꜜ(d)ʑisaɴ])[1] ou Fugaku, situado na illa de Honshū, é a montaña máis alta do Xapón, cunha elevación do cumio de 3.776,24 metros. É o segundo volcán máis alto situado nunha illa de Asia (despois do Monte Kerinci na illa de Sumatra), e o sétimo pico máis alto dunha illa na Terra.[2] O monte Fuji é un estratovolcán activo que entrou en erupción por última vez entre 1707 e 1708.[3][4] A montaña está situada a uns 100 km ao suroeste de Tokyo e é visible desde alí nos días despexados. O cono excepcionalmente simétrico do Monte Fuji, que está cuberto de neve durante uns cinco meses ao ano, utilízase habitualmente como icona cultural do Xapón e é frecuentemente representado na arte e na fotografía, así como visitado por turistas e alpinistas.[5]

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...

O monte Fuji é unha das "Tres Montañas Sagradas" (三霊山 Sanreizan?) do Xapón xunto co Monte Tate e Monte Haku. É un lugar especial de beleza paisaxística e un dos Lugares históricos.[6] Engadiuse á Lista do Patrimonio Mundial como Ben Cultural o 22 de xuño de 2013.[6] Segundo a UNESCO, o Monte Fuji "inspirou a artistas e poetas e foi obxecto de peregrinación durante séculos". A UNESCO recoñece 25 sitios de interese cultural dentro do sitio do monte Fuji. Estes 25 lugares inclúen a montaña e o santuario xintoísta, Fujisan Hongū Sengen Taisha.[7]

Remove ads

Características

Aínda que o monte Fuji pareza ser un cono único e simétrico, no interior é máis complexo do que se poida imaxinar. O cono que nós chamamos de monte Fuji está realmente constituído por tres volcáns sobrepostos: Komitake, Fuji maior e Fuji menor. Un ollar atento e próximo da silueta das montañas revela irregularidades que son resultado desta sobreposición. Por exemplo, unha lixeira elevación da inclinación na zona norte da montaña, a cerca de 2.301 metros de altitude, fai parte do cume do cráter de Komitake, o máis antigo dos tres volcáns, que estivo activo durante o Plistoceno. O Fuji maior estivo activo entre 80.000 e 10.000 anos atrás. Os acontecementos volcánicos que tiveron lugar nos últimos 10.000 anos contribuíron no crecemento do Fuji menor, a montaña que vemos actualmente.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads