Monte Tambora

From Wikipedia, the free encyclopedia

Monte Tamboramap
Remove ads

O Monte Tambora é un volcán activo,[1] que se atopa na illa de Sumbawa, unha de les Illas menores de Sonda (Indonesia). É de tipo estratovolcán, cun medida de 60 quilómetros de diámetro, acada unha altitude de 2 722 metros e o seu cráter caldeira ten 8 quilómetros de diámetro e 1 quilómetro de profundidade.[2][3]

Datos rápidos Tipo, Situado na entidade xeográfica ...

O Tambora formouse pola zona de subducción activa que es atopa debaixo da illa de Sumbawa, flanqueada de banda a banda (norte e sur) pola cortiza oceánica. Ó longo do tempo, o volcán chegou até os 4 300 metros,[4] o que o convertía nun dos cumios máis altos do arquipélago indonesio. Co paso do tempo, a gran cámara magmática do interior da montaña encheuse e a actividade volcánica chegou ó seu máximo histórico na erupción colosal de abril de 1815.[5] A explosión, que es chegou a sentir na illa de Sumatra (a máis de 2 000 quilómetros de distancia), causou a rebaixada da altura até os actuais 2 722 metros. A erupción provocou que o ano seguinte, o 1816, se chamase o "Ano sen verán", por mor do efecto que a nube de cinzas tivo no clima de América do Norte e de Europa.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads