Monte Wilhelm

From Wikipedia, the free encyclopedia

Monte Wilhelmmap
Remove ads

O Monte Wilhelm é o punto máis alto da Papúa-Nova Guinea. Ten 4.509 m de altitude. Pero non é o punto máis elevado da illa de Nova Guinea, sendo superado pola Pirámide Carstensz, con 4.884 m, e polo Puncak Trikora, con 4.750 m, ambos na provincia de Irian Jaya, Indonesia.

Datos rápidos Tipo, Localización ...

Forma parte da Cordilleira Bismarck e o seu pico é un punto de intersección de tres provincias, Simbu, Western Highlands e Madang.

O pico é coñecido polo nome de Enduwa Kombuglu na lingua local kuman, unha lingua papúa.[1]

Algunhas fontes poñen ao Monte Wilhelm como o máis alto de Oceanía, incluíndo a Indonesia como parte de Asia (sueste asiático), incluíndose logo, na lista dos Sete Cumios.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads