Monty Python's Flying Circus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Monty Python's Flying Circus

Monty Python’s Flying Circus foi unha serie de humor británica creada polo grupo de cómicos Monty Python e transmitida pola BBC entre 1969 e 1974. O programa caracterizábase polo seu humor absurdo e insinuante, sen unha liña continua de principio, medio e fin. Tamén formaba parte da serie a inserción de animación elaboradas polo seu membro Terry Gilliam, habitualmente ligada, ou integrada, con acción real. O primeiro episodio gravouse o 7 de setembro e transmitiuse o 5 de outubro de 1969 na BBC One, sendo realizados 45 episodios ao longo do período que estivo en transmisión, máis dous episodios para a televisión alemá.

Datos rápidos Formato, Creado por ...
Thumb
Detalle do pé de Cupido empregado habitualmente na serie
FormatoComedia de sketches surrealistas
Creado porGraham Chapman
John Cleese
Eric Idle
Terry Jones
Michael Palin
Terry Gilliam
Dirixido porIan MacNaughton
John Howard Davies
IntérpretesGraham Chapman
John Cleese
Eric Idle
Terry Jones
Michael Palin
Terry Gilliam
Carol Cleveland
Tema de apertura"The Liberty Bell" de John Philip Sousa
País de orixe Reino Unido
Lingua(s)inglés
Episodios45
Duración25-30 minutos
Canle de orixeBBC
Primeiro episodio5 de outubro de 1969
Derradeiro episodio5 de decembro de 1974
Na rede
Allocine: 4627 TV.com: shows/monty-pythonflying-circus
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

A serie tiña habitualmente como tema central as idiosincrasias da vida británica, en particular a dos profesionais, con gran carga política. Os membros dos Monty Python tiñan educación superior. Terry Jones e Michael Palin eran licenciados pola Universidade de Oxford; Eric Idle, John Cleese e Graham Chapman estudaron na Universidade de Cambridge; e Gilliam era licenciado polo Occidental College. O seu tipo de comedia é frecuentemente descrito como intelectual, con numerosas referencias eruditas a filósofos e figuras literarias. A serie buscou a influencia no traballo de Spike Milligan no seu programa Q5, en vez de na comedia tradicional. O equipo pretendía que o seu humor fose imposíbel de caracterizar, o que conseguiron (a pesar de fallaren, segundo a súa perspectiva) de tal xeito que se inventou o adxectivo "Pythonesque" para definir o seu humor e, posteriormente estilos similares.

Thumb
O famoso pé do tema de abertura da serie no seu formato orixinal, no canto inferior esquerdo da obra de Agnolo Bronzino, Alegoría do Triunfo de Venus.

Os Python interpretaban todas as personaxes incluídas a maioría das femininas, mais, ocasionalmente, contrataban algún actor extra. Destes, salientaron Carol Cleveland (referida polo equipo como "o sétimo Python" de forma non oficial), Connie Booth (primeira esposa de Cleese), o produtor da serie Ian MacNaughton, Ian Davidson, Neil Innes (na cuarta temporada) e Fred Tomlinson e os Fred Tomlinson Singers (para escenas musicais).[1][2]

O tema musical principal da serie foi a primeira parte de The Liberty Bell do compositor norteamericano John Philip Sousa, interpretado pola Band of the Grenadier Guards, que foi escollida porque estaba no dominio público e polo tanto non tiña custo pola súa utilización.

Personaxes recorrentes

Os capítulos da serie non seguían unha historia lineal e coherente, senón que simplemente estaban compostos por sketches. A pesar diso, había varias personaxes recorrentes:

  • Arthur Pewtey (Palin), un home extremadamente aburrido e pouco social. Normalmente aparecía como unha figura de autoridade, que era unha parodia da clase alta dirixente británica.
  • O reverendo Arthur Belling (Chapman e Palin) é un vigairo dun comportamento excéntrico. Facía unha chamada aos tolos para que levalos a unha loucura sa.
  • O náufrago (Palin) sempre aparece cunha longa barba e roupa desleixada. Fai a súa aparición nos lugares máis estraños e sempre di "It's..." ("É...") para ser cortado e dar paso aos créditos animados de Terry Gilliam.
  • O locutor da BBC (Cleese). Sempre está sentado detrás dunha mesa e vestido cun esmoquin. A súa única frase era "And Now for Something Completely Different" ("E agora algo completamente diferente"). Co paso do tempo, a frase converteuse na máis coñecida do grupo e deu nome á primeira longametraxe.
  • Os Gumbys (todo o grupo) son parvos vestidos de igual xeito: botas altas, tirantes, bigote de pincel e pano na cabeza. Normalmente manteñen os brazos en posición simiescar e falan alto e sílaba por sílaba. Son unha parodia do inglés típico da clase traballadora.
  • O señor cunha galiña crúa (Gilliam) que golpea as persoas na cabeza cando din algo especialmente absurdo.
  • O organista espido (Gilliam e Jones) aparece en secuencias duns segundos.
  • A Inquisición española (Palin, Gilliam e Jones) aparece cando alguén a nomea. A súa frase é "Nobody expects the Spanish Inquisition!" ("Ninguén espera a Inquisición española").

Premios e distincións

Máis información Ano, Premio ...
AnoPremioCategoríaNomeado(s)Resultado
1970Premios BAFTA da televisiónPremio especialMonty Python's Flying Circus
Pola produción, redacción e representacións
Gañador
Terry Gilliam
Polas animacións
Gañador
Mellor entretemento lixeiroJohn Howard Davies
Ian MacNaughton
Nomeado
Mellor personaxe de entretemento lixeiroJohn CleeseNomeado
Mellor guiónEquip de guionistesNomeado
1971Mellor actuación de entretemento lixeiroJohn CleeseNomeado
Mellor produción de entretemento lixeiroIan MacNaughtonNomeado
1973Mellor actuación de entretemento lixeiroMonty PythonNomeado
Mellor programa de entretemento lixeiroIan MacNaughtonGañador
1975Mellor programa de entretemento lixeiroIan MacNaughtonNomeado
2008Online Film & Television Association AwardsOFTA TV Hall of FameMonty Python's Flying CircusGañador
Pechar

Nunha listaxe do British Film Institute para determinar as mellores series de televisión británicas da historia elaborada por profesionais da industria, Monty Python's Flying Circus foi situado en quinto lugar. Na listaxe dos mellores sketches británcios do Channel 4 apareceron cinco de Monty Python:[3]

  • #2 – Dead Parrot
  • #12 – The Spanish Inquisition
  • #15 – Ministry of Silly Walks
  • #31 – Nudge Nudge
  • #49 – The Lumberjack Song

A serie quedou no quinto lugar da listaxe da TV BFI 100, elaborada polo British Film Institute en 2000, e votada por profesionais do sector. A revista Time incluína na súa listaxe de 2007 dos 100 mellores programas de televisión da historia.[4]

Legado

A partir da serie, o grupo Monty Python realizou filmes e obras de teatro.

Os termos informáticos spam e a linguaxe de programación Python derivan da serie.[5] En 2013, o Reino Unido elaborou un novo exame de cidadanía que incluía numerosas cuestións sobre cultura popular, incluídos os Monty Python.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.