Spam

From Wikipedia, the free encyclopedia

Spam
Remove ads

O termo spam procede dunha popular serie de comedia inglesa, Monty Python, onde uns viquingos desleixados e teimudos pedían nun bar, a berros, latas dunha conserva americana de xamón de marca SPAM.

Thumb
Símbolo anti spam.

Na práctica, o spam é o envío repetido de mensaxes de correo electrónico, en gran cantidade, para distribuír información inútil, propaganda e unha variedade de propostas segundo esquemas tipo "gañe diñeiro fácil". Supón un desperdicio de recursos técnicos e de tempo de atención dos usuarios.

As persoas e sistemas que o envían devecen por atopar enderezos de correo electrónico activos e atendidos, sexan estes de tipo persoal ou de departamentos ou grupos de traballo, e recollen estes enderezos con programas que os buscan automaticamente en páxinas web, guías, directorios, chats e grupos de novas.

Remove ads

Historia

O 3 de maio de 1978, un responsable de mercadotecnia da sociedade informática DEC (hoxe desaparecida) enviou un correo electrónico con publicidade a unhas 400 persoas da costa oeste dos Estados Unidos. Nace así o spam ou correo lixo [1].

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads