Monumento a Concepción Arenal

monumento na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Monumento a Concepción Arenalmap
Remove ads

O monumento a Concepción Arenal é un conxunto escultórico realizado polo arquitecto Rafael González Villar na memoria da socióloga Concepción Arenal. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Datas e cronoloxía ...
Remove ads

Descrición

En 1914 o concello da Coruña deulle o visto e prace á idea do presidente do Círculo de Artesáns de construír un monumento a Concepción Arenal nun dos macizos situados xunto ao estanque dos Xardíns do Recheo. No macizo simétricos situaríase outro monumento dedicado a Rosalía de Castro, que non chegou a levantarse.[1] O arquitecto Rafael González Villar ofreceuse desinteresadamente para o seu deseño.[2]

O monumento, aínda sen finalizar,[3] inaugurouse o 17 de setembro de 1916, estando presente o presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato.[4]

O monumento é moi innovador, xa que nese momento o costume era colocar unha estatua do homenaxeado sobre un pedestal. Foi o primeiro monumento español pensado como un conxunto arquitectónico, e non se atopa ningún outro deste estilo ata 1931.[5] Está composto por seis pináculos, cunha escultura que representa unha aguia, un libro e unha serpe.[6] Tamén se incluíu un medallón co retrato da homenaxeada. A escultura é unha alegoría da obra de Concepción Arenal, que loitou por mellorar as condicións nos cárceres.[7] Neste simbolismo, así como nos ornamentos obsérvase un estilo modernista.[8] A obra de cantería levouna a cabo o construtor José María Longueira, os elementos ornamentais de forxa Julio Wonenburger e as esculturas de bronce Joaquín López Fernández.[3]

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads