Mota Lava
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Mota Lava ou Motalava é a cuarta illa máis grande das Illas Banks en Vanuatu, logo de Gaua, Vanua Lava e Ureparapara, cunha superficie de 24 km². É a máis grande e alta (411 m.) da cadea oriental das illas. A uns 270 m. na súa costa sur, unida por altos corais que se poden vadear en marea baixa, está o illote de Ra, cunha superficie de 0´5 km².
Mota Lava ten unha poboación duns 1.640 habitantes[1] (Mota Lava + Ra), dando unha densidade de poboación de 67 habitantes por km².
Hai un aeroporto na illa (IATA Código: MTV).
Remove ads
Nome e lingua
Nos primeiros textos e mapas do século XIX, a illa de Mota Lava foi nomeada como Saddle Island, (Illa Sela), debido ao perfil característico da illa vista desde un barco.
O hábito de designar á illa como Mota Lava foi tomado polos misioneiros do século XIX da lingua da veciña illa de Mota. Os habitantes de Mota Lava chaman á súa propia illa Mwotlap.
Mwotlap tamén designa á lingua falada polos habitantes de Mota Lava. É o máis falado dos idiomas das Illas Banks, con preto de 2.100 falantes.
Un intento anterior de transcribir o nome nativo, tanto da illa como da lingua, deu a forma Motlav.
Remove ads
Historia
Mota Lava foi avistada por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernandes de Queirós, desde o 25 ata o 29 de abril de 1606. O nome da illa cartografouse como Lágrimas de San Pedro ("Bágoas de San Pedro", en español).[2]
Xeoloxía
Mota Lava está composto de polo menos cinco volcáns basálticos, dous conos, Vetman e Tuntog, están ben conservados. Vetman é un cono piroclástico no centro da illa cun cráter roto no cume. No extremo suroeste da illa, Tuntog é un cono composto cun cráter de 500 m. de extensión.
A análise xeoquímica mostra que a lava da illa ten unha composición similar á das veciñas Mota e Ureparapara, así como a lava do sur do país, pero difire de material expulsado no centro de Vanuatu. Esta última rexión viuse afectada pola subdución dun extinto complexo arco de illas mergulladas, chamado a Zona D'Entrecasteaux.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads