Motacílidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Motacílidos
Remove ads

Os motacílidos (Motacillidae) son unha familia de pequenas aves paseriformes de colas longas e medianas. Existen ao redor de 65 especies en 6 xéneros nos que se inclúen as lavandeiras, picas e picas africanas. As picas africanas están restrinxidas aos Afrotrópicos, mentres que as lavandeiras atópanse principalmente en Europa, África e Asia, con dúas especies migratorias que aniñan en Alasca. As picas teñen a distribución máis cosmopolita, atopándose ao longo do Vello mundo, América e nas illas de Nova Zelandia e Malvinas. Dúas especies africanas, a pica de peito amarelo e maila pica de Sharpe agrúpanse ás veces nun sétimo xénero, Hemimacronyx.[1]

Máis información Motacillidae, Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

As picas, lavandeiras e picas africanas son paxaros esveltos, de tamaño pequeno ou medio, cunha lonxitude entre 14 e 17 cm, con longas colas e pescozos curtos.[2]. Teñen patas pálidas con longas dedas, particularmente a deda traseira que pode chegar a medir até 4 cm nalgunhas picas africanas. Non existe dimorfismo sexual no que ao tamaño se refire. Normalmente as picas africanas adoitan ser máis robustas cás picas e mailas lavandeiras. As picas africanas poden chegar a acadar os 64 g, mentres que as picas e lavandeiras adoitan pesar entre 15–31 g. A plumaxe adoita ser marrón clara, semellante á das lavercas, aínda que algunhas especies teñen cores rechamantes, como por exemplo a pica dourada do nordeste de África. As picas africanas macho adoitan ter as partes inferiores de cores rechamantes. As lavandeiras a miúdo teñen plumaxes rechamantes en gris, negro, branco e amarelo.

A maioría dos motacílidos son aves insectívoras que se alimentan no chan[2] ou no campo aberto. Ocupan a maioría dos hábitats dispoñibles, dende as ribeiras até os altos cumios. As lavandeiras prefiren ambientes máis húmidos cás picas. Algunhas especies de lavandeiras empregan os bosques, incluíndo a lavandeira forestal.

Os motacílidos predan sobre unha ampla variedade de invertebrados, especialmente insectos, e tamén arañas, vermes, e pequenos moluscos acuáticos e artrópodos.

Coa excepción da lavandeira forestal, aniñan no chan[2], ata seis ovos pintados.

Remove ads

En Galicia

En Galicia existen 5 especies pertencentes á familia dos motacílidos (Motacillidae), delas, 7 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son invernantes no país e 1 aniña localmente.[3]

Máis información Especie Autoridade, ano, Nome vulgar ...
Remove ads

Especies e xéneros

Thumb
Anthus hodgsoni
Thumb
Dendronanthus indicus
Thumb
Macronyx croceus

FAMILIA: MOTACILLIDAE

  • Genus Anthus: picas
    • (c.40 especies; véxase a páxina do xénero)
  • Genus Tmetothylacus
    • Golden Pipit, Tmetothylacus tenellus
  • Genus Motacilla: lavandeiras
    • Motacilla alba
      • Motacilla alba yarrellii
      • Motacilla (alba) lugens
    • Motacilla grandis
    • Motacilla madaraspatensis
    • Motacilla samveasnae
    • Motacilla aguimp
    • Motacilla citreola
    • Motacilla flava
    • Motacilla cinerea
    • Motacilla capensis
    • Motacilla flaviventris
    • Motacilla clara
  • Genus Dendronanthus
    • Dendronanthus indicus
  • Genus Macronyx: picas africanas
    • Macronyx capensis
    • Macronyx croceus
    • Macronyx fuellebornii
    • Macronyx sharpei
    • Macronyx flavicollis
    • Macronyx aurantiigula
    • Macronyx ameliae
    • Macronyx grimwoodi.

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads