Pica dos prados

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pica dos prados
Remove ads

A pica dos prados[1] (Anthus pratensis) é un paxaro paseriforme da familia dos motacílidos.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Distribución

A súa distribución é paleártica, habitando en terreos abertos, prados, cultivos e tundras. É migratoria e aniña na metade norte de Europa e Asia. Inverna no sur de Europa, no norte de África e no sur de Asia. Reside de forma permanente en Países Baixos, Reino Unido e Francia.

Comportamento e reprodución

Aliméntase de insectos e dalgunhas sementes. Normalmente desprázase polo chan e fai voos curtos. Constrúe o niño con palla e musgo directamente no chan. O período de cría vai dende abril a xuño. A femia pon xeralmente dúas niñadas de catro ou seis ovos de cor gris que choca durante dúas semanas aproximadamente. As crías son alimentadas por ambos proxenitores durante 12-14 días. A pica dos prados é vítima da conduta reprodutiva parasitaria do cuco.

Remove ads

Subespecies

Distínguense dúas subespecies de Anthus pratensis:

  • Anthus pratensis pratensis Linnaeus, 1758
  • Anthus pratensis whistleri Clancey, 1942

Galería de imaxes

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads