Mstislav Rostropovich

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mstislav Rostropovich
Remove ads

Mstislav Leopoldovich Rostropovich (en ruso: Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич, Mstislav Leopol'dovič Rostropovič, pronunciado [rəstrɐˈpɔvʲɪtɕ]), nado o 27 de marzo de 1927 en Bakú[1] (Azerbaidján) e finado o 27 de abril de 2007 en Moscova, coñecido tamén como "Slava", foi un violonchelista e director ruso. É considerado coma un dos mellores violonchelistas do século XX e mesmo por algúns coma o mellor violonchelista de tódolos tempos[Cómpre referencia]. Foi dedicatario de moitas obras de compositores do seu tempo, estreando arredor de 100 obras, e sendo o principal artífice da multiplicación do número de obras para violonchelo no século XX.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu nunha familia de músicos. Estudou no Conservatorio de Moscova, dende os dezaseis anos. Chegou a ser alumno de Dmitrii Shostakovich e de Serguéi Prokofiev, antes de graduarse coas máximas distincións académicas. Posteriormente traballaría como mestre no mesmo Conservatorio, dende 1961. En 1948 xa fora solista da Orquestra Filharmónica de Moscova. A partir de 1950 actuara coma violonchelista e director. Tamén deu recitais de piano acompañando á súa muller, a cantante Galina Vishnévskaya. Tras un tempo en Moscova, foi nomeado profesor no Conservatorio de Leningrado.

Remove ads

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads