Muíños
concello da comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Muíños.
Remove ads
Xeografía
O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.
O nome do concello de Muíños, procede da parroquia de Muíños. A primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de xuño de 1836.[1]
Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños [2].
Demografía
Censo Total | 1.622 (2014) |
Menores de 15 anos | 77 (4.75 %) |
Entre 15 e 64 anos | 867 (53.45 %) |
Maiores de 65 anos | 678 (41,8 %) |

Evolución da poboación de Muíños Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.579 | 4.436 | 4.341 | 4.291 | 1.985 | 1.821 | 1.782 | 1.779 | |||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Turismo
Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.
A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.
Remove ads
Patrimonio
O inventario do patrimonio histórico e artístico do concello aparece indicado no DOGA, número 134, do 15 de xullo de 1991[3].
- Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
- Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
- Anta Casiña da Moura
- Anta Casota do Foxo
- Castro de Taboadela (Barxés)
- Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
- Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
- Castro de Santa María do Castro (Guntumil)
A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.
Muíños na literatura popular
- A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver [4].
- As mociñas, as de Maus,/ cando van ó fiadeiro/ collen ó pai polas barbas:/ curre pra aiquí, meu carneiro! [5].
- Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [6].
- O que queira vir, que veña,/ quen queira correr, que corra,/ pra botar un ventureiro/ na festa da Clamadoira [7].
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muíños.
- Igrexa parroquial de Santa María de Cados
- Casiña da Moura no encoro de Santa Baia das Maus de Salas
- Igrexa parroquial de San Pedro de Muíños
Parroquias
Lugares de Muíños
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muíños vexa: Lugares de Muíños.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads