Munc-18
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As proteínas Munc-18 (acrónimo do inglés mammalian uncoordinated-18, non coordinadas de mamífero 18) son os homólogos de mamíferos da proteína UNC-18 (que se descrubriu primeiramente no verme nematodo Caenorhabditis elegans[1][2]) e son membros da familia proteica Sec1/similar a Munc18 (SM). As proteínas Munc-18 foron identificadas como compoñentes esenciais do complexo proteico para a fusión de vesículas sinápticas e son cruciais para a exocitose regulada en neuronas e células neuroendócrinas.[3]
Remove ads
Función
As Munc-18 únense á sintaxina para que se forme o complexo sintaxina/munc-18, que se pensa precede e/ou regula o cebado de vesículas, un proceso no que actúan como mediadores as proteínas VAMP, SNAP-25 e sintaxina.[4] Munc18-1, un membro da familia SM, ten múltiples funcións na exocitose.[5] Promove directamente a estabilidade da sintaxina e pode controlar a correcta ensamblaxe espacial dos complexos centrais (core) da fusión dependente de SNARE, ou actuar como compoñente directo da maquinaria de fusión por medio da interacción co núcleo da SNARE.[6] Munc18a, que se une especificamente ao N-terminal da sintaxina, causa un cambio de conformación, activando a sintaxina, a cal á súa vez conecta co complexo SNARE ternario.[7] A deleción de munc18-1 orixina un defecto no atraque de vesículas secretoras.[8] Ademais, o rato deficiente en munc18-1 é o primeiro modelo de rato no que a secreción de neurotransmisores está totalmente ausente. Este modelo de rato denomínase apropiadamente "rato silencioso".[9]
Mecanismo
A descrición de abaixo presenta un modelo xeral de como se pensa que Munc-18 exerce o seu papel na fusión e atraque de vesículas, posibilitando a exocitose intencionada.[10] Como é un modelo preliminar combinado, cómpre realizar máis investigacións para comprendermos mellor o papel de Munc-18 neste proceso.
- Munc18-1 únese primeiro a unha forma pechada da sintaxina-1, bloqueando a formación do complexo SNARE. Isto pénsase que afecta o atraque de vesículas.
- Munc13 abre a sintaxina-1, Munc18-1 é trasladada ao complexo SNARE, que se libera do seu efecto inhibitorio, permitindo a ensamblaxe (concretamente do feixe da parte de 4 hélices alfa)
- Crese que Munc18-1 estabiliza o complexo trans-SNARE formado, impedindo a súa disociación.
- O complexo SNARE, potencialmente coa axuda de Munc-18, xunta as membranas e causa a fusión.
Tamén se atopou nun estudo que Munc-18 se une ao C-terminal da sinaptobrevina, o que suxire que esta proteína xoga un importante papel na fusión de membranas.[11]
Remove ads
Membros da familia
Velaquí unha lista das proteínas Munc-18 humanas:
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads