Murph
músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Emmett Jefferson "Murph" Murphy III (nado o 21 de decembro de 1964 en Amherst, Massachusetts) é un músico estadounidense coñecido por ser o batería da banda de rock alternativo Dinosaur Jr.
Remove ads
Traxectoria
Murphy uniuse a Dinosaur Jr. despois de ser o batería da banda de hardcore punk All White Jury. Coa chegada de Murphy, J Mascis cambiou a batería pola guitarra e as voces. Murph estivo na banda ata que a abandonou no ano 1993 para unirse a The Lemonheads.
En abril de 2005 regresou a Dinosaur Jr. con J Mascis e Lou Barlow, reformando a formación orixinal do grupo. A banda gravou Beyond en 2007 e Farm en 2009, e leva xirando por todo o mundo dende o seu regreso.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
