Museo Paul Tétar van Elven (Delft)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Museo Paul Tétar van Elven (Delft)map
Remove ads

O Museo Paul Tétar van Elven é unha pinacoteca situada no número 67 da rúa Koornmarkt, ao pé da canle Neuwe Delft, da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.[1][2]

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads

A casa familiar de Paul Tétar van Elven

O edificio que o alberga é unha casa familiar do século XVI, construída pouco despois do grande incendio de Delft de 1536, con fachada simple de ladrillo e fiestras arqueadas, de tres andares mais un faiado, que foi restaurada en diversas ocasións ao longo do tempo. En 1967 foi recoñecida como monumento nacional dos Países Baixos (Rijksmonument).[3]

Thumb
Autorretrato de Paul Tétar van Elven (1823-1896)

Coñécese unha restauración do edificio en 1674, cando se lle anexou unha estreita calella que corría pola súa parte esquerda. Xa no século XVIII dividíronse varios cuartos e construíronselle varios corredores.[4]

O 7 de xaneiro de 1864 a casa foi comprada para a súa residencia familiar por Paul Constantin Dominique Tétar van Elven, pintor da academia holandesa, coleccionista de pintura e de cerámica, copista e profesor da Escola Politécnica de Delft, precursora da actual Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft). Tétar non modificou a fisonomía externa do edifico, pero si o interior, decorando da súa man a parte superior das portas e encargándolle ao pintor Abraham Gips a pintura do teito do salón.

Thumb
Paul Tetar van Elven e a súa dona. Cesar Mitkiewicz, ca, 1896

Tétart dispuxo que á súa morte (que se produciu en 1896) quedase como legado para a comunidade o propio edificio, os seus traballos e a súa colección, coa condición de que, tras o pasamento da súa viúva, se convertesen nun museo na súa memoria. A súa segunda esposa, Mechelina van Duuren, faleceu en 1926 e, xa en 1927, cumpriuse a súa derradeira vontade coa apertura ao público do museo, logo dun acondicionamento profundo do seu interior.[5][6]

Remove ads

O museo

No museo pódense atopar mostras da maioría do traballo de Tétar van Elven, desde pezas históricas a retratos e copias de vellos mestres. Ademais, a exposición compleméntase con pinturas de contemporáneos e cunha colección de antigüidades e curiosidades de séculos anteriores, incluíndo unha gran colección de porcelana oriental e de louza de Delft, mobles, disfraces e armas.[7]

O interior do edificio do museo está conisderado como un dos cen mellor conservados dos Países Baixos. Isto permítelle amosarlle ao visitante unha boa impresión do gusto e da forma de vida da burguesía do século XIX.

O museo ofrece visitas didácticas guiadas e actividades educativas, como charlas e obradoiros, para grupos de alumnado, que son gratuítas para os menores de 18 anos.[8] Nas súas salas son tamén frecuentes diversas actividades culturais, como exposicións temporais ou concertos de música.

O Museo Paul Tétar van Elven atraía na primeira década deste século uns 6.800 visitantes anuais, aproximadamente.[9]

Remove ads

Notas 

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads