Delft

cidade dos Países Baixos From Wikipedia, the free encyclopedia

Delftmap
Remove ads

Delft é unha cidade e un concello da Holanda Meridional, nos Países Baixos, a metade de camiño entre Rótterdam e A Haia. Conta con 94.098 habitantes (2005). É particularmente salientable a zona vella no centro da cidade, tradicionalmente neerlandesa e estruturada con canles. É tamén coñecida pola súa cerámica, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft e pola súa asociación coa familia real.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Thumb
A explosión da polvoreira de Delft. Cadro de Egbert van der Poel (1621-1664).

Coñécese a existencia da cidade desde o século XIII. Recibiu o seu foro o 15 de abril de 1246 de mans do conde Guillerme II. En 1536 gran parte da cidade foi destruída por un incendio.

O vínculo da Casa de Orange con Delft comezou cando Guillerme I de Orange (o Taciturno) fixo do lugar a súa residencia, en 1572. Guillerme dirixiu a loita contra España durante a Guerra dos Oitenta Anos.

Artigo principal: Batalla de Delft (1573).

Delft era naquel momento a terceira cidade máis importante dos Países Baixos, tras Dordrecht e Haarlem, e dispuña de murallas. Á morte de Guillerme en 1584, asasinado por Balthasar Gérard no coñecido como Pazo do Príncipe, o panteón da familia en Breda estaba nas mans dos españois. Foi enterrado na igrexa nova (Nieuwe Kerk), o que iniciou unha tradición para a casa de Orange que continúa ata o noso tempo.

Durante o século XVII, e grazas á industria da cerámica e á apertura dunha sede da Compañía das Indias Orientais, Delft viviu a súa idade de ouro. No entanto, en 1654 unha parte da cidade foi destruída novamente pola explosión dunha polvoreira.

Tras a declaración de guerra e invasión dos Países Baixos por parte de Inglaterra, Francia, Colonia e Münster en 1672, comezou o decaemento da economía da cidade, que pasou a ser superada en importancia política e económica polas súas veciñas A Haia, como centro de goberno, e Rótterdam, como cidade portuaria. No século XIX só quedaba unha fábrica de porcelana aberta, De Porceleyne Fles, que continúa a existir nos día de hoxe.[1]

Remove ads

Canles, pontes e prazas

Thumb
A ponte Oudemanhuisbrug sobre a canle Voldersgracht

O deseño urbano de Delft está moi caracterizado polas numerosas canles que discorren pola cidade, así como as pontes que as cruzan para facilitar a comunicación entre as súas beiras. Estas canles foron fundamentais para as subministracións da cidade e aínda hoxe manteñen este uso orixinal.

A canle máis vella é a Oude Delft, ou Canle Vella, en torno á cal se foi ampliando a cidade ao longo dos séculos. O propio nome de Delft está relacionado con iso, xa que deriva da palabra delven, co significado de "escavar".[2]

Tamén as prazas son moi características da fisionomía da cidade de Delft, ao conxugaren o seu valor histórico (como o da Gran Praza ou Markt, orixe mesma da vila), coas diversas funcións que na actualidade se desenvolven nela, como mercados, lecer e hostalaría etc.

Estas son algunhas das canles, pontes e prazas máis significativas:

Canles

Pontes

  • Agnietenbrug
  • Bijbelbrug
  • Bloedbrug
  • Boterbrug
  • Catharijnebrug
  • Drapeniersbrug
  • Drogerijbrug
  • Gasthuisbrug
  • Hof van Delftbrug
  • Hoogbrug
  • Hopbrug
  • Kleine Oostpoortbrug
  • Mauriciusbrug
  • Oudemanhuisbrug
  • Poelbrug
  • Rapenbloembrug
  • Schout van der Meerbrug
  • Schreibrug
  • Sint Jacobsbrug
  • Sint Stevensbrug
  • Teemsbrug
  • Touwbrug
  • Visbrug
  • Vrouwe van Rijnsburgerbrug
  • Warmoesbrug
  • Waterslootsebrug

Prazas

Thumb
Parque na honra da raíña Guillermina (Guilhelminapark)

Parques e zonas verdes

Remove ads

Cultura

Artesanía

Thumb
Prato do século XVIII, representativo da porcelana de Delft

Delft é famosa pola súa produción de maiólica inspirada nas porcelanas importadas da China a partir do século XVII.[3]

Artigo principal: Louza de Delft.

Cine

O cineasta Werner Herzog filmou nesta localidade os exteriores da longametraxe Nosferatu: Phantom der Nacht (1979).[4]

Edificios históricos

O centro da cidade posúe numerosos edificios antigos e moitas rúas están atravesadas por canles, habitados por peixes e plantas.[5]

  • Oude Kerk ("Igrexa Vella"), data de 1246, e é a igrexa máis antiga de Delft. Entre 1325 e 1350 engadíuselle a torre de planta cadrada. Cómpre salientar que a torre está sensiblemente inclinada debido á pouca firmeza do terreo sobre o que se asenta; con 75 metros de altura, actualmente presenta unha desviación de 1,96 metros da vertical.[6]
Artigo principal: Igrexa vella de Delft.
  • Nieuwe Kerk ("Igrexa Nova"), construída entre 1381 e 1496 e situada na Markt ou Gran Praza de Delft. No seu interior atópase o panteón da familia real holandesa. A súa torre, con 108,75 metros, é a segunda máis alta dos Países Baixos.[7]
Artigo principal: Igrexa nova de Delft.
  • Sint-Hippolytuskapel ("Capela de Santo Hipólito"), construída cara ao ano 1400, é un dos eificios máis antigos da cidade e goza da consideración de monumento nacional desde 1967. Sitúase na confluencia entre a canle principal da zona vella e a rúa Nieuwstraat. A súa advocación é a Santo Hipólito, patrón da cidade, e é unha igrexa do rito católico.
  • Thumb
    Torre do Prinsenhof ou Pazo do Príncipe.
    O Prinsenhof ("Pazo do Príncipe"), hoxe en día un museo. Inicialmente foi un mosteiro, fundado en 1403 e dedicado a Santa Ádega. O edificio sufriu repetidas ampliacións consonte o crecemento da orde. Guillerme de Orange residiu habitualmente no devandito mosteiro entre 1572 e 1584, ano en que foi asasinado (de aí o nome actual do edificio).[8]
Artigo principal: Prinsenhof de Delft.
  • O edificio do Concello (Stadhuis van Delft), de estilo renacentista, situado na Gran Praza de Delft (Markt), fronte á Igrexa Nova, hoxe de uso unicamente protocolario.[9]
Artigo principal: Casa do Concello de Delft.
Artigo principal: Estación de tren de Delft.
  • O muíño De Roos, o derradeiro en pé dos quince que chegou a haber sobre a muralla da cidade. Hoxe mantén a moenda e alberga, ademais, un museo dos muíños de vento de Delft e unha tenda de produtos elaborados á base de fariña de millo.
Artigo principal: Muíño De Roos (Delft).
Artigo principal: Legermuseum (Delft).
  • O Centro Vermeer (Vermeer Centrum), unha institución museística centrada na figura do pintor holandés nacido en Delft e moi vinculado á cidade. Sitúase no centro da cidade vella, ao pé da canle Voldersgracht, nun edificio reconstruído onde se localizaba o gremio de artistas e artesáns de San Lucas.
Artigo principal: Centro Vermeer de Delft.

Outros edificios e construcións salientables

Á parte dos edificios con maior relevancia histórica, a través da cidade de Delft espállase unha gran cantidade de edificios peculiares, a maioría deles incluídos na listaxe de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument). Algúns deles son os seguintes:

Remove ads

Ensino

Thumb
Campus da TU Delft, co edificio da biblioteca ao fondo

Destaca a Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft), instituída en 1842 e de carácter público, recoñecida como unha das universidades tecnolóxicas máis importantes do mundo.[10][11]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads