Miópsidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos miópsidos (Myopsida) é unha orde de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes,[2] ou decápodos, que constitúe, co seu grupo irmán, o dos egópsidos (Oegopsida), os cefalópodos coñecidos na bibliografía internacional como "luras".

Remove ads
Características
Estas luras caracterízanse, entre outras cousas por teren as súas femias un só oviduto (o esquerdo) e non duplo, como os egópsidos, pero principalmente por teren a cámara anterior do ollo pechada ao exterior, ou en comunicación co el a través dunha pequena abertura, situada lateralmente, nunha segunda membrana (ademais da córnea).[3]
Taxonomía
Descrición
A orde foi descrita en 1841 polo naturalista francés Alcide d'Orbigny.
Etimoloxía
O termo Myopsida está formado polos elementos do latín científico my-, tirado do grego antigo μύω, mýo, 'pecharse', especialmente os ollos, e -opsida, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo'. Literalmente: 'os de ollos pechados', aludindo a que non teñen burato na córnea dos ollos (como os egópsidos).
Clasificación
Segundo o World Register of Marine Species, a orde comprende tan só as dúas familias seguintes:[2]
- Australiteuthidae C. C. Lu, 2005 - con tan só un xénero monospecífico, Australiteuthis.[4]
- Loliginidae Lesueur, 1821 - con once xéneros,[5] dos que o máis coñecido é Loligo.
Algúns autores substitúen este taxon pola suborde dos miopsinos (Myopsina), dentro da orde dos téutidos (Teuthida).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
