Decapodiformes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos decapodiformes (Decapodiformes) é unha superorde de moluscos cefalópodos unha das dúas que integran a subclase dos coleoideos, que inclúe todas as especies que teñen dez brazos (oito curtos e dous longos), como as xibas (ou sepias), as luras, as potas e os chocos. A outra superorde é a dos octopodiformes (polbos e similares).



A superorde comprende uns 95 xéneros e 450 especies distribuídas en 31 familias. Moitas destas familias parecen formaren grupos naturais, pero a validez destes grupos aínda non se demostrou por métodos cladísticos.[3]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A superorde foi definida, segundo algúns autores (The Tree of Life Web Project), en 1817 polo biólogo mariño inglés William Elford Leach.[3] Porén, outras autoridades outórganlle a descrición, no ano 1998, aos autores Young, Vecchione & Donovan (os dous primeiros, asinantes do traballo antecitado no Tree of Life).[1][4]
Etimoloxías
As etimoloxías, tanto do nome actualmente válido, Decapodiformes, como dos seus sinónimos, Decembrachiata e Decabrachia, fan referencia ao número de brazos destes cefalópodos (10):
- Decapodiformes: dos elementos do latín científico deca-, derivado do grego antigo δέκα déka, 'dez'; pod-, tirado do grego antigo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', e -iformes, 'en forma de'.
- Decembrachiata: dos elementos latinos decem-, de decem, 'dez', e -brachiata plural neutro de -brachiatum, derivado do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'.
- Decabrachia: de deca- e -brachia, do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'.
Clasificación
A clasidicación desta superorde está en discusión. De acordo con diferentes bases de datos, considéranse as seguintes ordes:
Superorde Decapodiformes
- Myopsida
- Oegopsida
- Sepiida
- Spirulida, e
- Teuthida (nomen dubium, inclúe [Myopsida + Oegopsida] pero non está demostrado que formen un clado)
Superorde Decabrachia
- Sepiida Zittel, 1895 - xibas
- Sepiolida Fioroni, 1981 - xibas
- Spirulida Stolley, 1919 - a especie Spirula spirula
- Teuthida Naef, 1916 - luras
Segundo The Taxonomicon:[6]
superorde Decapodiformes
Remove ads
Galería
- Doryteuthis plei
Especie de orde Myopsida, ou da orde Teuthida, suborde Myopsina, segundo os autores - Sepia elegans, un Sepiida
- Sepiola atlantica, un Sepiida
- Spirula spirula, única especie vivente dos Spirulida
- Sepioteuthis sp., un Teuthida
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
