NigeriaSat X

satélite artificial nixeriano From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

NigeriaSat X ou NX é un satélite artificial de Nixeria lanzado o 17 de agosto de 2011 mediante un foguete Dnepr desde a base aérea de Dombarovski.[1][2][4][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

NigeriaSat X é un satélite de 100 kg de masa baseado no bus SSTL-100 pertencente á axencia gubarnamental nixeriana NASRDA. A súa misión é servir de adestramento para os enxeñeiros nixerianos na construción de satélites e observar a Terra cunha cámara triespectral cunha resolución de 22 m, formando parte da Constelación de Monitorización de Desastres, unha rede mundial de pequenos satélites para asistir en desastres naturais e monitorizar os cambios medioambientais. O satélite foi construído por 26 enxeñeiros nixerianos baixo a guía do fabricante Surrey Satellite Technology Ltd. As comunicacións co satélite teñen lugar en banda S (telemetría, seguimento e comandos) e banda X (envío de datos desde o satélite).[1][2][4][5][6]

O único instrumento a bordo de NigeriaSat X é a cámara triespectral SLIM6 (Surrey Linear Imager - 6 channel), unha cámara de barrido para lonxitudes de onda no visible e no infravermello próximo que permite medir o albedo da superficie terrestre e imaxes da terra e da cobertura vexetal. [1][2][4][5][6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads