Nardo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O nardo[1], tamén coñecido coma tuberosa ou vara de San Xosé (Polianthes tuberosa) é unha planta da familia do agave, nativa de América do Norte. Está estreitamente relacionada co xénero Manfreda.
Remove ads
Etimoloxía
O nome xenérico Polianthes significa "flor cinsenta". O nome específico deriva do latín tuberosa, é dicir, inchada ou tuberosa, en referencia ao seu sistema de raíces.
Os aztecas chamárona Omixochitl ou flor de óso.
A planta ten un lugar destacado na cultura india e na mitoloxía. As flores utilízanse nas cerimonias de voda, grilandas, decoración e diversos rituais tradicionais.
Distribución
É oriúnda do centro e do sur de México.
Descrición
A planta medra con alongadas espigas de até 45 cm de longo que producen acios de flores recendentes de cor cérea que florea dende a base cara a parte superior da espiga. Brillantes follas verdes agrupadas na base da planta e follas máis pequenas, ao longo do talo. As flores poden ser brancas ou de cor crema, úsase coma flor de corte e unha soa vara floral pode perfumar durante semanas un ambiente.
Das raíces da mesma extráese un óleo recendente que se emprega para facer perfumes, incenso e menciñas.
Sinonimia
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads