Narsés Pedro XIX Tarmowni
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Narsés Pedro XIX Tarmowni (en armenio: Ներսէս Պետրոս ԺԹ. Թարմունի, Nersēs Petros ŽT’. T’armowni), nado o 17 de xaneiro de 1940 no Cairo (Exipto) e finado o 25 de xuño de 2015 en Beirut (Líbano), foi o 19º Patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 7 de outubro de 1999 até o seu pasamento.
Remove ads
Biografía
Primeiros anos e sacerdocio
Naceu no Cairo o 17 de xaneiro de 1940, quinto fillo (segundo varón) dos oito que tivo o matrimonio formado por Elias Taza e Josephine Azouz.[1] Completou os seus estudos primarios e secundarios no colexio levado polos Irmáns das Escolas Cristiás no Cairo.[1]
Sentiu a vocación sacerdotal moi cedo e foi enviado a estudar ao Colexio Armenio de Roma en 1958, onde estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana.[1] O seu bispo, Raphaël Bayan, ordenouno sacerdote no Cairo o 15 de agosto de 1965.[1]
Serviu na parroquia da catedral armenia no Cairo entre 1965 e 1968 xunto a quen sería elixido en 1982 Patriarca dos armenios, Xoán Pedro XVIII Gasparean.[1] Entre 1968 e 1990, Petros Taza foi cura da parroquia de Santa Teresa de Heliópolis no Cairo.[1]
Episcopado
O 18 de febreiro de 1990 foi ordenado bispo da eparquía de Alexandría, con xurisdición sobre Exipto e o Sudán polo mesmo Xoán Pedro XVIII.[1] Entre 1992 e 1997, como membro da xerarquía católica en Exipto foi o Secretario Xeral do Concilio Pastoral da Igrexa Católica en Exipto.[1]
Ademais, como membro do Sínodo dos Bispos da Igrexa Católica Armenia, foi membro do Consello de Bispos que dirixiu a curia patriarcal entre 1993 e 1995, presidente da Comisión Patriarcal para as Vocacións entre 1993 e 1995, e membro do Sínodo Permanente entre 1994 e 1999.[1]
Patriarcado
O 7 de outubro de 1999 foi elixido polos membros do Sínodo Católico-Patriarca de Cilicia e tomou o nome de Narsés Pedro XIX.[1] O 13 de outubro do mesmo ano o papa Xoán Paulo II concedeulle a comuñón eclesiástica.[1][2] Como patriarca, acompañou ao papa Xoán Paulo II nas súas visitas a Exipto, Xordania, Siria e Armenia; e ao papa Bieito XVI nas súas visitas a Xordania e Chipre.[1] Tamén realizou numerosas viaxes pastorais: a Xordania, Francia, Suíza, Australia, Polonia, Armenia, Ucraína, Irán, Siria, Exipto , Xeorxia, Chipre, Turquía, Rusia, Hungría, Xerusalén, e América do Sur.[1] Tamén destaca a viaxe que realizou á República de Nagorno-Karabakh en xullo de 2006.[1]
Finou no cargo o 25 de xuño de 2015 en Beirut, dun ataque ao corazón.[3]
Remove ads
Premios e distincións
O 21 de setembro de 2015 o presidente de Armenia Serzh Sargsyan galardoouno postumamente coa Orde de San Mesrop Mashtots.[4][5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads