Náutilo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os náutilos[2] (do grego: ναυτίλος nautilos, "navegante")[3] son calquera das criaturas mariñas da familia dos cefalópodos dos nautílidos, a única familia da orde dos nautilida. Son os únicos membros viventes da subclase dos Nautiloidea, que existen dende hai 500 millóns de anos, feito polo cal están considerados fósil vivente.[4] Orixinalmente, o nome "náutilo" designaba a outros cefalópodos, os argonautas, tamén coñecidos como náutilos de papel.[5]
Son animais duns quince centímetros de diámetro, especialmente coñecidos pola súa cuncha calcaria. Móvense amodo, pero malia iso son quen de alimentarse de pequenos peixes e crustáceos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
