Nelly Furtado

cantante canadense From Wikipedia, the free encyclopedia

Nelly Furtado
Remove ads

Nelly Kim Furtado, nada en Victoria, Columbia Británica, Canadá, o 2 de decembro de 1978, é unha cantante, compositora e produtora luso-canadense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Furtado saltou á fama a finais do ano 2000 ao lanzar o seu álbum debut, Whoa, Nelly!, desprendendo o seu éxito gañador do Grammy por Mellor Actuación Vocal Feminina de Pop, "I'm Like a Bird". Logo de converterse en nai, lanzou Folklore en 2003, un álbum menos exitoso comercialmente, con sinxelos como "Powerless (Say What You Want)", "Try" e "Força", que foi o himno oficial da Eurocopa de Fútbol de 2004.

En 2006 regresa baixo as influencias musicais do produtor Timbaland e lanza o seu álbum máis exitoso Loose, do que se extraen catro grandes éxitos internacionais: "Promiscuous", "Maneater", "All Good Things (Come to an End)" e "Say It Right". En 2009 lanza o seu cuarto álbum e o primeiro en español, Mi Plan con sinxelos como, "Manos al Aire", "Más", "Fuerte" e "Bajo Otra Luz" coa colaboración de Julieta Venegas e La Mala Rodríguez. O álbum recibiu un Grammy Latino por Mellor Álbum Pop Vogal Feminino.

Celebrando os seus 10 anos de carreira lanza, The Best of Nelly Furtado en novembro de 2010 desprendendo o sinxelo "Night Is Young".

Furtado é coñecida por experimentar con diferentes instrumentos, sons, estilos vocais e idiomas. Esta diversidade foi influenciada polo seu gusto musical de grande alcance e o seu interese en diferentes culturas. Vendeu mais de 25 millóns de álbums en todo o mundo, os cales chegaron a ocupar os primeiros postos no Billboard. No 2007 colocouse na lista das mulleres cantautoras máis exitosas de todos os tempos.[1]

Remove ads

Discografía

Álbums de estudio
  • 2000: Whoa, Nelly!
  • 2003: Folklore
  • 2006: Loose
  • 2009: Mi Plan
  • 2012: The Spirit Indestructible
  • 2017: The Ride
  • 2024: 7
Compilacións, EP's e reximes
  • 2004: Sessions@AOL
  • 2006: Live Session (Itunes Exclusive)
  • 2007: Loose: The Concert
  • 2008: Edición Limitada en Español
  • 2010: Mi Plan Remixes
  • 2010: The Best of Nelly Furtado
Sinxelos
  • "Party's Just Begun (Again)"
  • "I'm Like A Bird"
  • "Turn Off The Light"
  • "...On The Radio (Remember The Days)"
  • "Hey, Man!"
  • "Powerless (Say What You Want)"
  • "Try"
  • "Força"
  • "Explode"
  • "The Grass Is Green"
  • "No Hay Igual" (con Calle 13)
  • "Promiscuous" (con Timbaland)
  • "Maneater"
  • "Te busqué" (con Juanes)
  • "Say It Right"
  • "All The Good Things (Come to an End)"
  • "In God's Hands"
  • "Do It"
  • "Manos al Aire"
  • "Más"
  • "Bajo Otra Luz" (con Julieta Venegas e La Mala Rodríguez)
  • "Night Is Young"
  • "Fuerte" (con Concha Buika)
Remove ads

Xiras

  • 2001: Burn In The Spotlight Tour
  • 2004: Come As You Are Tour
  • 2006—2008: Get Loose Tour
  • 2010: Mi Plan Tour

Filmografía

Ano Título Papel Notas
2001RoswellEla mesmaInterpretando I'm like a bird.
2006FloribellaEla mesmaInterpretando Maneater.
2007One Life to LiveEla mesmaInterpretando Say It Right e Promiscuous.
CSI: NY 3x15Ava BrandtInterpretando a unha criminal profesional acusada de asasinato.
Punk'dEla mesmaVítima dunha broma televisiva.
2008Max PayneChrista BalderEsposa do mellor amigo do protagonista.
2010Big Brother BrasilEla mesmaReality show do Brasil.[2]
Score: A Hockey MusicalFan de HockeyMusical canadense de comedia, drama e deportes.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads