Aves modernas

clado composto por todas as aves actuais From Wikipedia, the free encyclopedia

Aves modernas
Remove ads

Os neornites ou aves modernas (Neornithes), son un clado que está composto por todas as aves actuais, as cales están representadas por máis de 9.000 especies.[1] As aves modernas presentan notables características que as diferencian do resto de vertebrados, sendo talvez a máis notoria a súa pel cuberta na súa maioría de plumas, tendo as extremidades anteriores transformadas en ás. Outras características que distinguen ás aves son a presenza dun peteiro sen dentes, un corazón tetracameral, un metabolismo alto e ósos ocos (o cal favorece o voo).

Máis información Aves modernasNeornithes Rango fósil: Cretáceo - Presente, Clasificación científica ...
Remove ads

Sistemática e evolución

Neornithes divídese nos clados Palaeognathae (tinamúes e ratites) e o moi diverso e heteroxéneo grupo Neognathae. Está xeralmente aceptado que as aves modernas evolucionaron durante o período Cretáceo, producíndose a diverxencia entre Galloanserae (anseriformes e galiformes) e o resto dos neognatos (Neoaves) antes da extinción masiva do Cretáceo-Terciario, pero non existe un consenso respecto de se a radiación evolutiva de Neoaves aconteceu durante o Cretáceo ou o Terciario. Esta incerteza débese á discrepancia entre os resultados das análises moleculares (que datan esta diverxencia no Cretáceo) e o rexistro fósil.[2][3][4][5]

Neornithes
Palaeognathae

Struthionidae

Rheidae

Tinamidae

Apterygidae

Casuariidae

Dromaiidae

Neognathae

Neoaves

Galloanserae

Anseriformes

Galiformes

Cladograma baseado en Hackett et al. (2008).[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads