Kiwis
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os kiwis (xénero Apteryx, que en grego significa "sen ás") son un clado de aves paelognatas, da familia dos apteríxídos (Apterygidae), composto por 5 especies endémicas da illa de Nova Zelandia.[1][2] Pertence á orde Apterygiformes, pero antes estaba clasificado na orde Struthioniformes (sensu lato). Son aves non voadoras pequenas, aproximadamente do tamaño dunha galiña. Antes da chegada dos humanos ao redor do ano 1300, en Nova Zelandia os únicos mamíferos que había eran morcegos, e os nichos ecolóxicos que noutras partes do mundo eran ocupados por animais tan diversos como cabalos, lobos e ratos foron desempeñados por paxaros (e en menor proporción por certas especies de réptiles).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Kiwi.
A denominación kiwi é maorí, idioma do pobo homónimo de liñaxe malaiopolinesia que colonizou Nova Zelandia antes da chegada dos europeos.
Remove ads
Morfoloxía
A súa adaptación á vida terrestre é extensiva: como todas as ratites, non teñen quilla no esterno para ancorar os músculos das ás, e case nin ás sequera: os vestixios son tan pequenos que son invisibles baixo a súa plumaxe que carece de plumas. Esta plumaxe é típica da ave en cuestión. Diríase que, por razóns evolutivas e de adaptación ao ecosistema, os plumóns non chegaron á etapa de verdadeiras plumas, adoptando o característico aspecto de suaves cerdas que ten a plumaxe do kiwi. Mentres que xeralmente os paxaros teñen ósos ocos para aforrar peso e facer o voo máis práctico, o kiwi ten medula, do mesmo xeito que os mamíferos.
Remove ads
Bioloxía
Os kiwis son criaturas tímidas e nocturnas cun sentido do olfacto moi desenvolvido mercé á existencia de verdadeiros bigotes en torno ao bico, tales bigotes son eficacísimos órganos olfactivos. Outro trazo xeralmente infrecuente nunha ave é a presenza de fosas nasais na punta do seu longo e filoso bico. Son omnívoros; para alimentarse fenden o pico no chan en busca de miñocas, insectos e outros invertebrados. Tamén comen froita e, se a oportunidade se presenta, pequenos cangrexos de río, anfibios e anguías.
Os machos encárganse de chocar os ovos (ovos que son os máis grandes en relación ás proporcións do animal adulto), efectuándose a posta durante dez semanas en niños soterrados semellantes a tobos, con todo ningún dos proxenitores adícase a alimentar ás crías as cales son nidífugas (apenas teñen o suficientemente desenvolvido o corpo saen do niño para alimentarse por conta propia).
Remove ads
Sistemática e evolución
Mentres que a visión tradicional das relacións filoxenéticas dos kiwis con respecto aos outros paleognatos establéceos máis próximos ás moas, os estudos moleculares sitúanos como o grupo irmán dun clado formado polos casuarios e os emúes.[3][4] Por outra banda, as últimas análises morfolóxicas agrúpanos como o grupo irmán do resto das ratites.[5]
Apteryx |
| ||||||||||||||||||||||||
Cladograma baseado en Baker et al. (1995) e Burbidge et al (2003).[6][7]
Notas
Bibliografía
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads