Nigrán

concello da comarca de Vigo, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Nigránmap
Remove ads

Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2021 tiña 18.005 habitantes (8.857 homes e 9.148 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

Ten unha superficie de 34,8 km², e abrangue sete parroquias. Está situado no Val Miñor, e limita ao norte con Vigo, ao sueste con Gondomar, ao suroeste con Baiona e ao oeste co océano Atlántico. É un concello costeiro, contando con areais como praia América ou praia de Patos e penínsulas como Monteferro.

Demografía

Máis información Censo total 2021, 18.005 habitantes ...
Evolución da poboación de Nigrán   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.180 6.974 7.968 12.336 16.894 18.021 17.879 17.840 17.738 17.715 17.619 17.593 17.622 17.723 17.675 17.745 18.005
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Remove ads

Cultura

Toponimia

As atestacións documentais máis antigas deste topónimo son serodias, do século XIII, e nelas aparece coma nome dunha freguesía pertencente ao arciprestado e xurisdición de Miñor, diocese de Tui.

Segundo o estudo realizado polo catedrático da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza, o topónimo Nigrán vén do termo latino "niger" (negro en galego) máis a terminación patronímica -án.[1]

Patrimonio

Thumb
Mosaico romano de Panxón.

Patrimonio arquitectónico

O concello de Nigrán conta con sete pazos:

Remove ads

Economía

Nigrán foi tradicionalmente un municipio adicado á pesca de baixura, pero actualmente débese máis ao turismo.

Deporte

O Nigrán Club de Fútbol, formado no ano 2000, xoga no grupo sur da 1ª Preferente.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Nigrán.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán

Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | A Ramallosa (San Pedro)

Lugares de Nigrán

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares de Nigrán.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads